Os portavoces dos grupos municipais -Julián Reina (PSOE), José Manuel Rey Varela (PP), Jorge Suárez (Ferrol en Común) e Iván Rivas (BNG)- participaron onte nunha reunión por videoconferencia xunto ao alcalde, Ángel Mato, e a concelleira de Economía, Facenda e Promoción Económica, María Teresa Deus, para avanzar na convocatoria desta sesión, necesaria para a aprobación de medidas para facer fronte á crise do coronavirus.