O músico Andrés Penabad estivo con nos para presentado seu primeiro traballo en solitario, CROSSING, producido por Fernando Barroso, no que o seu acordeón é o gran protagonista. No disco faise acompañar da música e da voz de notables colaboradores coma Kepa Junkera, Bieito Romero, o propio Fernando Barroso, Edelmiro Fernández, Davide Salvado, Valentín García, Pedro Fariñas, Pedro Villarino, Oscar Fernández, Arancha Bouza e Ramón Dopico. Este vindeiro venres 14, ás 12 do mediodía, verá lugar a presentación oficial en BAIUCA/Arteixo (Fronte á Casa Do Concello). Hoxe Voces de Galicia anticipouse a presentación de "Crossing"