A Universidade da Coruña e Europe Direct, da Deputación da Coruña, celebran dende este martes o Foro Xuventude en Movemento que rematará mañá xoves 18 de outubro no campus de Elviña.
Dende onte, no foro desenvólvese un programa moi atractivo con diferentes obradoiros para afondar no apoio ao estudantado, aos titulados e aos novos emprendedores na procura de formación axeitada ás necesidades do actual mercado laboral, na busca activa e efectiva de emprego e no emprendemento para todos aqueles que desexen lanzarse á aventura empresarial. Hoxe adentramonos nos contidos do foro convidando a todos a moverse para conseguir o obxetivo de lograr un emprego. (1ºParte do programa)