#Destacadas:
08´Falamos hoxe con Yolanda Castaño sobre poesía, música e a India. Esta noite, ás 21hrs. no Teatro Principal A Estrada, estará xunto a Isaac Garabatos entre música e poesía. A Estrada Cultura
⚕️19´Agadea Alzheimer continúa coas xornadas formativas para familiares e coidadoras/es de persoas con enfermmidades dexenerativas tipo alzheimer. As vindeiras citas son o luns 21 e o luns 5 de decembro. A neuropsicóloga Taida Sánchez Rego, quen ofrece estas formacións, dounos todos os detalles.
Inscripcións e info en: [email protected] e 651981863
69´ Damián Porto e Héitor K-Rapucho Picallo presentan mañá un traballo conxunto: "Amores clandestinos no renacemento: o deán Gabriel Rodríguez e María Criada", que conta a hisoria deste estradense na roma do século dezaséis. Será no #Mome ás 20hrs.
Acto organizado dende Asociación Cultural "Vagalumes" que ademais se estrean como editores.
Martinho Picallo Baia Fernandez
91´ Hoxe, con Pedro Pérez, visitamos o Café de cine Pontevedra, un espazo para o lecer e punto de encontro co cine como escenario. "Ensinounos" o café o seu xerente, Jaro Pérez, que vive o cine dende cativo.
Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo