#Destacadas:
Resolución dos "Premios de Normalización Lingüistica San Martiño" da Estrada:
Premio no "ámbito Tabeirós-Terra de Montes" para Antonio e Miguel Villar Costoyas, ( Faro de Vigo - Deza), xerentes de Empresa Ausavil e Ausama. Miguel contouonos como recibiron a nova e o que supón a nivel persoal e empresarial.
Premio no "ámbito galego" para TANXUGUEIRAS
Premio de normalización lingüistica "toda unha vida" para a catedrática, docente e investigadora estradense, Mercedes Brea López, ( Faro de Vigo - Deza). Conversamos con ela e deixounos unha mensaxe optimista e esperanzadora sobre o uso do idioma galego.
Hoxe chegamos ó #Atlántico176. Fran Ameixeiras achegounos as músicas de Chico César, Johnny Hooker e Owa Undi Jadiel Lima
Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo.