#Destacadas:
13´Hoxe entréganse os premios #SanMartiño de Normalización Lingüistica no Concello A Estrada. Será ás 20:30hrs. no Teatro Principal A Estrada. Entre os premiados este anos están TANXUGUEIRAS. Chamamos a Olaia Maneiro para darlle os parabéns.
❌26´Tarabelas na Terra de Montes sigue informando do proxecto do parque eólico de Borreiros que afecta a montes de Liripio, Codeseda, Sabucedo e Ribela da Estrada, a Quintillán en Forcarei e a Qjuireza en Cerdedo-Cotobade.
Este domingo ofrecen unha charla informativa ás 12hrs. na casa-escola de Liripio sobre o tamaño e situación do parque, pistas, liñas eléctricas, subestación de Quireza, situación do proxecto, alegacións… Contóunolo María García.
41´Novo espazo dende Lugardelvino A Estrada. Hoxe David Jg falounos da "xira" de viños e augardentes de produción galega por Europa, "tips" para abrir unha botella de viño si non tes tirarollas e maridaxe cine-viño coa peli #BottleShock
64´Juan Ruibal leva 44 anos adicándose á música e en poucos días participará nun evento que el mesmo califica como o máis importante da súa vida. Estivo de novo con nos para falar do #XVCertameFolkLumeNaLareira. Será este domingo ás 18hrs. no @Teatro Principal e quedan apenas unha ducia de entras en Eureka Cervecería e Mesón Da Estrada. A Estrada Cultura
86´#Atlántico178. Hoxe Fran Ameixeiras achégounos as músicas de Milton "Bituca" Nascimento con motivo do seu 80 aniersaro e tamén de Tulipa Ruiz co seu regreso musical.
Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo