A Gruta de Gizamaluke

A Gruta de Gizamaluke

By Revista MorcegoLeisureVideo Games
Download on the App Store

A Gruta de Gizamaluke episodes

  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 27
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. 
    Repasamos a actualidade máis inmediata do mundo dos videoxogos con novas como:
    - As filtracións de Ubisoft: xogo novo e servizo de subscrición
    - Kojima avisa: o 29 de maio virán novas de Death Stranding
    - Nioh 2 comezou coa alpha a porta pechada
    - Faro Gaming, un novo evento de videoxogos en Galicia
    Falamos da crecente cantidade de servizos de subscrición e do E3 que está por chegar.
    1 hr 36 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 26
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos unha sección de novas algo máis longa do habitual onde falamos do lanzamento de Read Dead Online, World of Warcraft Classic, o crunch en CD Projekt, ou as expansións de Metro Exodus.
    Tamén traemos unhas primeiras impresións de A Plague Tale: Innocence, pinchamos musiquiña creada por Chris Cornell e finiquitamos co pacto de Sony e Microsoft polo xogo na nube.
    1 hr 36 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 25
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - Fortnite :: A Tempada 9 lévanos ao futuro
    - John Wick Hex, o novo título do creador de Thomas Was Alone
    - Tencent non logra introducir PUBG no mercado chinés
    - Mordhau, o xogo de loita medieval que triunfa en Steam
    Conversamos sobre o décimo aniversario de Minecraft, poñemos algo de música e rematamos co State of Play de Sony.
    1 hr 29 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 24
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - A última actualización de Sea of Thieves.
    - Fortnite pecha unha etapa ao desaparecer Pisos Picados.
    - Epic Games faise con Psyonix, o estudio dono de Rocket League.
    - For Honor tamén celebrou o Star Wars Day.
    Jua Sanmartín analiza Days Gone, poñemos algo de música relacionada con Marvel e os nativos americanos, e rematamos falando de Borderlands 3 e Sonic.
    1 hr 35 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 23
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - O goberno británico financia un xogo de Peaky Blinders
    - SEGA presenta o seu xogo oficial para a Olimpíada de 2020
    - Planet Zoo, a arca de Noé que constrúe Frontier.
    - Square Enix anunciou un novo DLC de pago para Kingdom Hearts 3
    Tamén analizamos Yuppie Psycho, de Baroque Decay Games; poñemos algo de Wilco e aportamos unhas primeiras impresións de Days Gone.
    1 hr 28 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 22
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - Ubisoft regala o seu AC: Unity despois do incendio de Notre-Dame.
    - Anuncio do Capcom Home Arcade.
    - Novos xogos anunciados para a Mega Drive Mini.
    - Revisión de XIII, o FPS de culto.
    Tamén falamos con Fran Calvelo, responsable de Baroque Decay (O Conde Lucanor, Yuppie Psycho), poñemos algo de música e rematamos comentando as posibles características de PS5 que comentou Mark Cerny.
    1 hr 19 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 21
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - O salto de Octopath Traveler a PC
    - Gearbox dá pistas sobre o tamaño do mapa de Borderlands 3
    - Un prototipo de Akira para Game Boy véndese por case 3.000 dólares
    - Sekiro suma máis de 2 millóns de copias en 10 días
    Repasamos algúns dos xogos máis coñecidos da saga Star Wars ao longo da historia e finalizamos conversando sobre Tencent, Epic Games Store e o mercado a medio prazo.
    1 hr 32 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 20
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - Steam pon en marcha a súa medida contra análises bomba
    - Playing Hard, o documental de Netflix sobre For Honor
    - Fallout 76 incumpre a súa promesa e incluirá obxectos de ‘pay to win’
    - A maior colección persoal de videoxogos está en Texas
    - Máis titulares...
    Falamos un chisco dos títulos aos que estamos dándolle, poñemos algo de música e conversamos sobre o futuro de BioWare.
    1 hr 22 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 19
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe temos como novas principais:
    - Repaso aos lanzamentos do mes de abril
    - O anuncio de Borderlands 3
    - Novo codirector para FF VII e o seu remake
    - Data de lanzamento para Mega Drive Mini e o seu catálogo
    - Máis titulares...
    Charlie analiza Sekiro, poñemos algo da Familia Caamagno e conversamos sobre consolas e perifericos que non acadaron o éxito precisamente.
    1 hr 28 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 18
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe falamos da actualidade máis inmediata do día na medida do posible, que os luns sempre traen cousas novas.
    Contamos coa colaboración de Adrián Suárez para comentar as súas primeiras horas de Sekiro, poñemos algo de música e rematamos a xornada de radio falando de Stadia, o novo sistema de Google.
    1 hr 23 min

About A Gruta de Gizamaluke

From the publisher's feed

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.