A Gruta de Gizamaluke

A Gruta de Gizamaluke

By Revista MorcegoLeisureVideo Games
Download on the App Store

A Gruta de Gizamaluke episodes

  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 17
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe falamos de:
    - O caso BadLand e as consecuencias para o sector do videoxogo.
    - O anuncio dun novo título de Yu-Gi-Oh! para Switch.
    - A confirmación da chegada de Goku GT a Dragon Ball FighterZ.
    - E máis cousiñas...
    Tamén conversamos sobre a nosa experiencia en PlayStation Now, poñemos algo de música e xa comezamos a dar a turra co E3 deste ano.
    1 hr 35 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 16
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe falamos de:
    - Apex Legends e os 350.000 usuarios que expulsou do xogo Respawn
    - O a diferencia de peso de The Division 2 en Xbox One e PS4
    - Os cartos feitos por Pokémon nos seus xogos de móbil
    - E máis cousiñas...
    Analizamos Devil May Cry 5, celebramos a chegada dos demos cos Rolling Stones e falamos sobre a dificultade dos videoxogos.
    1 hr 26 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 15
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo.
    Hoxe falamos de:
    - Apex Legends e os 50 millóns de usuarios que acadou
    - O novo director de deseño de Cyberpunk 2077
    - A inminente saída de Day's Gone
    - O Xbox Game Pass e os rumores que o rodean
    Tamén entrevistamos a Andrés de Pedro da asociación RetroGalaicos, escoitamos a voz de Keith Flint e conversamos sobre Pokémon Espada e Escudo.
    1 hr 16 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 14
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo
    Falamos de:
    - SEGA abre votacións para escoller os xogos da súa Mega Drive Mini
    - O torneo de Fortnite de Lolito foi seguido por máis de 750.000 espectadores
    - Anthem e o seu parche do día un
    - LoL sube os prezos da súa moeda
    - E máis cousiñas.
    Charlie fala sobre Apex Legends e pincha algo de Rosalía (a galega, a de Castro) en versión roqueira por Narf, para logo rematar falando sobre duración e narrativa nos xogos.
    1 hr 23 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 13
    Programa adicado a Fran Pinto "pinjed"
    Hoxe repasamos a actualidade máis relevante do luns:
    - A censura de Resident Evil 2 en China
    - Confunden os usuarios de Steam Apex Construct con Apex Legends? Semella que si
    - Novo mando para Dreamcast en 2019
    - A folla do infinito volve a Fortnite
    - E alguna nova máis...
    Entrevistamos a Galo Martínez do MUVI (Museo do Videxogo Galego) e rematamos conversando sobre os mundos abertos, pasado, presente e futuro.
    Equipo: Charlie, Sara, Juan e Marisa.
    1 hr 17 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 12
    A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo
    Falamos de:
    - Team Cherrie anuncia que amosará este xoves da nova expansión de Hollow Knight
    - Cyberpunk 2077 adianta que non deixará de lado a Steam
    - Final Fantasy VIII ten xa 20 años.
    - A semana da tolemia: Cinco xogos AAA en cinco días.
    Juan Sanmartín analiza e fala de Kingdom Hearts 3,  para logo escoitar algo de Presidents of the United States of America  e rematar debatindo sobre Apex Legends.
    1 hr 18 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 11
    Hoxe toca falar da actualidade máis inmediata do día:
    - Os primeiros detalles do novo RPG de Dragon Ball
    - O reinicio de Metroid Prime 4
    - A saída de Kingdom Hearts 3
    Charlie analiza Resident Evil 2 despois dunha fin de semana rodeado de zombis, falamos un chisco de AC/DC e rematamos lembrando algúns dos remakes máis importantes dos últimos anos.
    1 hr 12 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capitulo 10
    Luns, día de gruta, día de radio.
    Hoxe falamos das novas máis importantes dos últimos días.
    - Os posibles DLC de Resident Evil 2
    - O TFM convertido en videoxogo dos estudantes da EBF coruñesa
    - Fortnite e o branqueo de cartos
    - A beta pechada de Mortal Kombat 11 só para PS4 e XBox One
    Tamén entrevistamos a Marcos González, presidente da asociación Gaming Troop de Pontevedra.
    Por último, Sara Orozco repasa nunha ampla reportaxe a historia de Kingdom Hearts. Pronto teremos a nova entrega!
    1 hr 12 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 9
    Rematou o Nadal! Estamos de novo aquí
    Hoxe repasamos as novas máis importantes da fin de semana e boa parte do luns:
    - Ruptura entre Bungie e Activision
    - Saída de Dark Souls Trilogy en Europa
    - A tola capacidade dun xogador de FF IX
    - A aposta de Ubisoft pola Epic Games Store
    - E máis cousiñas...
    Tamén comentamos as impresións da demo de Resident Evil 2, pinchamos algo de música en relación a The Police e Spyro e repasamos nunha listaxe xogos quee no 2019 cumprirán vinte anos.
    1 hr 17 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 8
    Último programa do ano!
    Tentamos deixar gravados un par de monográficos para o Nadal pero foi imposible cuadrar axendas. Quedan aí en barbeito as ideas para algún momento do vindeiro ano.
    Hoxe facemos un resumo deste 2018 cos seus títulos principais e rematamos falando dos que están por vir.
    Coma sempre, iniciamos a entrada na gruta coa actualidade e tamén pinchamos algo de música.
    1 hr 24 min

About A Gruta de Gizamaluke

From the publisher's feed

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.