A Gruta de Gizamaluke

A Gruta de Gizamaluke

By Revista MorcegoLeisureVideo Games
Download on the App Store

A Gruta de Gizamaluke episodes

  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 7
    Nova semana e volta á actualidade. Neste novo capítulo comentamos as novas máis importantes da xornada e da fin de semana.
    Tamén comentamos os xogos amosados nos Game Awards e, coma sempre, pinchamos algo de música. Desta vez, tocoulle á BSO de Devil May Cry 5.
    Finalizamos o día falando da Epic Game Store e a competencia que pode facerlle a Steam.
    1 hr 13 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 6
    Esta semana Sara e Charlie comentan a actualidade do mundo dos videoxogos máis inmediata: lanzamentos de decembro, compra de estudios por THQ Nordic, a proximidade da CutreCon, a apertura da beta do Red Dead Online...
    Tamén falamos de War e a canción Low Rider. Que relación ten con San Fierro?
    Charlie comenta que lle parece Artifact, o xogo de cartas de Valve, para logo reflexionar con Sara sobre os Game Awards e facer a súa porra particular
    1 hr 14 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 5
    Neste novo capítulo da gruta de Gizamaluke, repasamos parte da actualidade máis recente do mundo dos videoxogos: Shenmue III, No Man's Sky, Parasite Eve, descontos en Steam...
    Tamén compartimos uns minutos con Adrián Suárez, coordinador do Máster en Creación de Videoxogos da EBF coruñesa e colaborador de Mundo Gamers.
    Por último, repasamos esa curiosa unión entre videoxogos e películas. Pouco afortunada na maioría de casos máis chamativos.
    1 hr 12 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 4
    Unha semana máis... Voltamos!
    Hoxe falamos da actualiade máis inmediata: Fallout 76, o novo Pokemon de Switch, os posibles GOTY, as ofertas do Black Friday para PS4 e os 20 anos de Half Life.
    Sara analiza o remake de Spyro, pinchamos a Rage Against the Machine e por último comentamos a ausencia de Sony no E3.
    1 hr 9 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 3
    Seguimos navegando polas ondas radiofónicas dixitais.
    Hoxe Charlie e Sara parlotean sobre a vida, os videoxogos e a súa actualidade.
    Comentamos o parche de día 1 do Fallout 76, máis grande co propio xogo; o futuro de Microsoft a base de mercar estudios máis que bos, a fin de campaña de The Waylanders, o RPG galego.
    E logo? Repasamos os lanzamentos máis importantes de novembro pero antes facemos unha parada na historia de Blur co FIFA 98.
    E para o final? Charlamos do futuro de Final Fantasy.
    1 hr 5 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 2
    Co equipo xa o completo, hoxe tocou falar da actualidade a golpe de luns.
    - Resumo da Blizzcon.
    - Vendas do Red Dead Redemption 2.
    - Falecemento de Mario Segale, o home que lle deu nome ao fontaneiro de Nintendo.
    - Lanzamento de The Land of the Seazogs, creado en Ferrol.
    Pinchamos un tema do GTA: Vice City e falamos dos seus segrediños. Tamén Rruchito analiza o CoD: Black Ops 4.
    Por último, enredamos sobre remakes, remasters e ese constante ollar ao pasado.
    1 hr 13 min
  • A gruta de Gizamaluke - Capítulo 1
    Hoxe lamentamos a baixa do noso secundario de luxo Rruchito, así que Marisa e Charlie toman os micros para falar das últimas novidades sobre videoxogos.
    Escoitamos unha das cancións máis queridas de FF X, tratamos de afondar nese mundo que é Red Dead Redemption 2 e achegámonos ao Samaín con algunha que outra recomendación.
    Iremos medrando e mellorando! Graciñas!
    1 hr 13 min

About A Gruta de Gizamaluke

From the publisher's feed

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.