De contos vai a cousa. A quen non lle gusta que lle conten un conto, eh?
Imos coñecer a bonita historia de María José Martínez, e a súa relación coa literatura oral e a transmisión da cultura aos máis peques.
Nace kalandraka tv. O mundo infantil está de noraboa!! Nesta canle imos coñecer todo o que rodea a estes contiños tan feitiños: as persoas que fan as ilustracións, as bibliotecas onde os pedimos prestados, as librerías...
Moita imaxinación era Julio Verne. O museo do marco acolleu unha exposición del incríble!!!
E a escritora xuvenil Ledicia Costas, tanto se inspirou nel que acabou por escribir “Jules Verne e a vida das mulleres planta". E non so compartiu con nós como foi o proceso creativo, senón tamén coa xente da rúa nun roteiro literario polas rúas do casco vello de vigo que tamén visitou julio verne nunha das súas visitas pola ría de Vigo.