As Womansplainers

As Womansplainers

By As WomansplainersSociety & Culture
Download on the App Store

As Womansplainers episodes

  • S02E07: Natural🌿

    No episodio desta semana das Womansplainers, con Marilar Aleixandre do noso lado, introducimos o tema do “natural” desde varias perspectivas. Caseiro, artesán, sen químicos... Durante anos a publicidade ten mostrado estas cartas como reclamo. Será que todo o non procesado é necesariamente bo?

    Teñen as mulleres reservados unha serie de deberes naturais?

    Existe unha maneira natural de criar? se así fose, estaríamos tamén a afirmar que debe haber un modo artificial de facelo.

    Nesta programa as Womansplainer explicamos cousas con toda naturalidade.

    1 hr 37 min
  • S02E06: Animais de estimación 🐶

    No estado español hai 13 millóns de mascotas. A maioría son cans, pero o máis sorprendente desta cifra é que supera o número de crianzas menores de 15 anos.

    Neste episodio acompáñanos Iris Gestoso, bióloga, vexetariana e a maquilladora máis riquiña do TikTok en galego. Coñecemos as razóns que levaron a Iris a decidir apostar polo vexetarianismo e tamén o seu punto de vista sobre o que implica convivir con animais de estimación.
    Aprendemos como algúns animais se converteron en compañeiros pola súa evolución da man dos seres humanos. Falamos das nosas mascotas, dos vínculos afectivos que se poden xerar cara a elas e tamén analizamos como pode afectarlles a humanización á que algunhas veces son sometidas.
    Por outra banda, debatemos acerca dos problemas de convivencia que poden xerar os animais nas cidades, tales como o ruído ou a acumulación de excrementos en zonas coma parques ou beirarrúas. 

    1 hr 24 min
  • S02E05 (II): Defuntas II. Aínda máis defuntas. 🎃
    Na segunda parte do episodio desta semana, falamos dos saberes máxicos de meigas e compoñedoras, de como actuaban con frecuencia en conivencia coa Igrexa ou de como "sacaban o aire".
    Tamén levamos as nosas ouvintes de viaxe polo país e por Europa para lles falar dos nosos cemiterios preferidos, aqueles con quen estamos unidas por experiencias persoais ou filias literarias.
    Por último, recomendámosvos poemas, novelas, ensaios, filmes, series e mesmo algunha excursión para aproveitardes ao máximo a atmosfera arrepiante dos días de Santos e Defuntos.
    58 min
  • S02E05: Defuntas I. A maldición as bruxas 🧙🏻‍♀️
    Na primeira parte do episodio dobre desta semana, as Womansplainers discutimos as tradicións e os nomes do Samaín e dos Días de Santos e Defuntos, de como chegaron a nós estas tradicións e como vemos a súa evolución na sociedade galega e a chegada das influencias anglosaxonas a estas festas. Este é un día para falarmos do divino e do humano, da nosa relación coa morte e coas mortes. Falamos de cabazos, de aparecidos e doutras cousas sinistras.Tamén discutimos forte sobre as bruxas, sobre a súa reivindicación como figuras reais por parte das feministas máis inclinadas ao misticismo e o contraste desta idea coa imaxe da bruxa como construción histórica da sociedade precapitalista nos escritos de Silvia Federici.Por último, achegámonos á nosa propia relixiosidade -á herdada e a novas formas de espiritualidade e superstición como o horóscopo, que están a gañar forza e popularidade entre as xeracións de mulleres máis novas.
    1 hr 2 min
  • S02E04: Tindersplaining 🔥
    TINDERSPLAINING, as Womansplainers explican o Tinder.
    Xornadas laborais interminábeis, emigración ou mesmo unha pandemia son factores que agravan a sensación de incomunicación e soidade. Cada vez é máis complicado encontrar novas amizades, por non falar de relacionamentos máis ou menos profundos. En 2020 o planeta decidiu ir a outro ritmo e o confinamento disparou o número de adhesións a apps de encontros: para moitas persoas coñecer alguén grazas a un algoritmo xa non era unha opción, convertíase na única vía.
    Neste programa abordamos o tema desde a curiosidade de quen nunca usou estas aplicacións e a experiencia persoal de algunhas de nós. Comezamos o episodio cos conceptos máis básicos sobre o Tinder: deslizar para a esquerda/dereita, facer un match, crear unha biografía con fotos e colocar preferencias ou comezar un chat. Unha vez feita esta guía para iniciantes, comentamos os motivos que se poden ter para instalalo. A evolución e abandono de certos prexuízos sobre termos encontros a través desta ferramenta é un tema de fondo, sen deixarmos de lado a certa indefensión que se pode ter cando falamos e nos encontramos diante dunha persoa até o momento case descoñecida.
    Será que unha foto e uns poucos datos poden realmente marcar toda diferenza? o xogo do que nos resulta atraente está tamén moi relacionado con como somos capaces de publicitar o noso atractivo para conseguirmos máis suceso no noso perfil.
    Agora que xa temos feita a descrición do capítulo, deslizade á dereita!
    1 hr 26 min
  • S02E03 - Colonización 🌎
    O día 12 de outubro celébrase no Estado Español o chamado Día da Hispanidade. Co gallo desta efeméride en que nós non temos nada que celebrar, cruzamos virtualmente o Atlántico para falarmos coa Karina Espinoza, historiadora costarriqueña que actualmente reside no México e é unha das neofalantes máis queridas da comunidade galituiteira.
    1 hr 43 min
  • S02E02 - Cárceres ⛓️🧱
    Neste episodio conversamos coa Iris Malvido, psicóloga penitenciaria.  Por que acaban as mulleres nos CÁRCERES? Que é un módulo de respecto? Que acontece coas drogradicións e as doenzas mentais nas prisións? Neste episodio haberá resposta para todas estas preguntas e máis
    1 hr 26 min
  • S02E01 - Beleza 💄
    Coincidindo co Día Mundial do Podcasting, as Womansplainers subimos o primeiro episodio desta segunda tempada e estreámonos en luzes.gal
    No episodio estivemos a discutir coa escritora Antía Yáñez sobre BELEZA. Falamos con ela sobre os cánones con que medramos, desde a extrema delgadez das actrices das series dos 90 aos peitos enormes -e con frecuencia artificiais- de Baywatch e as presentadoras de televisión daquela época. Debatimos tamén co noso público do Twitch sobre se os rostros e os corpos que vemos no audiovisual actual son realmente cada vez máis diversos ou están pola contra cada vez máis homoxeneizados.
    1 hr 43 min
  • S01E19 - P1🍆R0🥒LAS

    Para rematar a tempada contamos con Susana Reboreda (Decana da facultade de Xeografía e Historia da Univ. de Vigo) e Iria Veiga (psiquiatra e divulgadora científica) para falar de p1🍆r0🥒las.


    Durante o programa mencionase a canción "les sucettes" de France Gall, e comentamos o seu video, mais houbo que eliminar o tema por unha reclamación de dereitos de autos e substituímolo no episodio por unha canción libre de dereitos.

    1 hr 46 min
  • S01E18 - Exposición en redes

    Que nos acontece nas redes? Que amosamos de nós mesmes e por que? Que tipo de reaccións recibimos e como nos afectan?  Falamos de EXPOSICIÓN EN REDES con xente moza: Ner e Ione


    1 hr 38 min

About As Womansplainers

From the publisher's feed

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

More shows like As Womansplainers

Carne Cruda - PROGRAMAS by La República Independiente

Carne Cruda - PROGRAMAS

33 Listeners

Estirando el chicle by Podium Podcast

Estirando el chicle

81 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

34 Listeners

La cena de los idiotés by SER Podcast

La cena de los idiotés

7 Listeners