
Sign up to save your podcasts
Or


Inexplicabelmente, as Womansplainers tamén nos facemos vellas, mais non tanto como os protagonistas de Friends. Neste episodio, falamos con Teresa Carro de Anaobregonismo, da palabra "señora", das guerra xeracional contra os Boomers, das mellores series con mulleres maduras e vellas, deixamos opinar a Ghanito e podedes oír a Amara roncar no colo da Saboridinha.
Cales son as vantaxes e desvantaxes deste sistema de acceso á función pública? Que opinamos das academias? Como coidar da nosa saúde mental durante a preparación? Ademais, tamén respondemos as preguntas que deixastes no consultorio opositor e desvelamos a fantasía dos carteiristas.
Este novo capítulo vai de bragas (e outros). Vós sodes máis de braga ou de tanga? Suxeitador si ou non? Estivo conversando connosco a Laura Veiga, xornalista e educadora menstrual en Pingando.gal
Que fallou na visita de Ursula von der Leyen a Erdogan? Por que hai quen chama presidente a unha presidenta? Que esperamos das nosas líderes? Falamos de mulleres e poder coa politóloga e ex deputada Luca Chao.
A que son adictas as Womansplainers? Por que desenvolvemos unha adicción? Hai diferenzas de xénero nas adiccións? E como están a mudar estas nos últimos anos? Falamos de todo isto con Carmela @Biochemiss
No episodio 08 gravamos coa Súa Maxestade a Raiña Vermella, a nosa psiquiatra de confianza.
O tema foi, naturalmente, a SAÚDE MENTAL.
From the publisher's feed

33 Listeners

81 Listeners

34 Listeners

7 Listeners