As Womansplainers

As Womansplainers

By As WomansplainersSociety & Culture
Download on the App Store

As Womansplainers episodes

  • Xubiladas

    Ás Womansplainers xa nos tarda chegar á idade do xúbilo, mais mentres agardamos matamos o tempo gravando podcasts. Por iso, esta semana convidamos a Pepa Barreiro, actriz de teatro xubilada (pero non moito) para falar dos desafíos desta nova etapa.

    Debatimos con ela a necesidade de xubilarse e como vai mudar as percepción desta etapa agora que as baby-boomers chegarán a ela en masa. Tamén problematizamos as consecuencias económicas e as persoais que ten unha parada de actividade súpeta para moitas xubiladas e como o traballo se relaciona tamén cunha perda de estatus e relevancia social. Naturalmente, non esquecemos falar das que nunca poden xubilarse: as que coidan de fillos, netas, maridos e non cobran por facelo.

    Escoita este episodio mentres consultas ti tamén cantos días che quedan para a xubilación!

    1 hr 9 min
  • Bullying

    No episodio desta semana acompáñanos Carmen, orientadora escolar, para falarmos dun tema con estatísticas alarmantes: o bullying.

    Co uso das redes sociais e o auxe das IA cambiaron as formas de agresión? Cales son os sinais de alerta de que alguén está sufrindo ou exercendo bullying?

    Conversamos sobre os protocolos de actuación nos centros escolares, cales son os procedementos e como se activan. Que limitacións teñen as profesionais á hora de actuar?

    Por último, debatimos sobre as repercusións do bullying sobre a saúde mental e como traballar en prol do cambio e da creación de espazos seguros.

    Non perdas este novo episodio das Womansplainers e coméntanos a túa opinión. Agardámoste!

    1 hr 15 min
  • Diñeiro

    Neste episodio das Womansplainers falamos de cartos: do valor económico, social e emocional do diñeiro, e de como este condiciona o noso benestar, as relacións e mesmo o noso concepto de éxito. Preguntámonos por que segue a ser tabú falar de salarios, aforro ou economía doméstica, especialmente entre mulleres, e analizamos o impacto da fenda salarial, a desvalorización das profesións feminizadas e a educación que ensina ás rapazas que “os cartos non importan”. Falamos tamén de criptomoedas e do vínculo entre empoderamento e autonomía económica. Hai feminismo sen educación financeira? A resposta é non. 

    Únete e pensa connosco como sería unha economía deseñada por e para mulleres.

    1 hr 23 min
  • Nostalxia

    Tocounos vivir unha época en que breves sacudidas do sistema, como o apagón de 2025 ou o grande confinamento de 2020, alimentan en amplos sectores da poboación saudades de tempos “máis sinxelos”. Desde a EXB ao Xabarín Club, de Cóntame como foi a A vida portuguesa, a nosa cultura está chea de ficcións, marcas, movementos sociais e partidos políticos dispostos a tirar proveito da NOSTALXIA.

    Acompañadas de novo por Alva Pico, as Womansplainers debullamos este fenómeno e tentamos pescudar de que teñen en realidade saudades as saudosas do pasado, en que medida a chamada “morriña” é integral á nosa identidade nacional e falamos da nosa propia nostalxia e dos textos en cancións que a espertan.

    Volvemos, unha tempada máis, prontas para matar a vosa saudade de nós e a nosa saudade de opinar forte!

    1 hr 34 min
  • Mudanzas

    No episodio desta semana, para falarmos de mudanzas, non podíamos convidar a outra que non fose a Uxía Castro: xornalista, feminista e trotamundos empedernida cun total de 18 mudanzas ás costas!

    Como podemos organizar unha mudanza sen que sexa un pesadelo? Á hora de decidir que deixar e que levar, quizáis sexa o momento ideal para doar ou vender cousas que xa non precisamos.

    Unha vez empaquetadas as nosas pertenzas, como as transportamos para o novo fogar? E subindo o nivel de dificultade: como se xestiona isto en viaxes intercontinentais?

    Falamos tamén das cuestións emocionais das mudanzas e dos "obxectos fixos dunha vida móbil". Que emocións espertan en nós as mudanzas? Como podemos adaptarnos mellor a un novo fogar?

    Todas estas cuestións e máis neste novo episodio dasWomansplainers. Agardámoste!

    58 min
  • Reggaeton

    Neste episodio adentrámonos nun xénero musical ben polémico: o reggaeton. Debatemos coa artista Pauliña sobre se este estilo é realmente mais machistda do que outras expresións musicais populares. Cuestionamos os prexuízos raciais e de clase, que moitas veces se disfrazan de crítica feminista. Falamos tamén da hexemonía global deste ritmo e da ascensión de artistas que o adoptaron ou que o imitan para se manteren no foco.

    Ao final o reggaeton é o novo samba, tango ou funk e talvez debamos telo máis en conta.



    1 hr 18 min
  • Trinta

    A nosa ouvinte Antía propúxonos falar sobre a trintena porque, lonxe de tópicos e lugares comúns, ela pensa que a entrada nesta década si que significa cambios e reflexións importantes. Fiando o tema arredor dalgúns deses marcos que na literatura anglosaxona chaman “os fitos da adultez” o episodio servíunos para reflexionar sobre cuestións de natureza moi diversa: traballo, parella, vivenda,... e tamén para comparar as vivencias persoais e xeracionais sobre o paso do tempo e os cambios de etapa dependendo da idade de cada unha de nós.


    1 hr 27 min
  • Artes marciais

    No episodio desta semana acompáñanos a Andrea Otero, psicóloga e taekwondista, para falarmos de artes marciais.

    Aprendemos que son as artes marciais e en que se diferencian de calquera pelexa da rúa.

    Segue a ser o terreo das artes marciais un ámbito especialmente masculinizado? Como adoitan aliñarse politicamente estes espazos? É necesaria unha división por xéneros nestas disciplinas?

    Por suposto, aproveitando a profesión da Andrea, tamén falamos dos beneficios que teñen as artes marciais para a saúde mental e, especialmente, para as persoas neurodiverxentes.

    Hai unha idade para comezar ou nunca é tarde? É caro? É realista a representación que vemos no audiovisual das escenas de combate?

    Resolvemos todas estas cuestións e moitas máis no episodio desta semana. Agardámoste preparadas e en garda!

    1 hr 15 min
  • Asociacionismo

    Neste capítulo falamos con Marinha Area de asociacionismo e movementos sociais na Galiza, levantando cuestións sobre o papel das asociacións e preguntándonos se ás veces son unha resposta á ineficiencia do Estado ou o reflexo dunha sociedade civil participativa. Abordamos a dependencia do financiamento público e o risco de instrumentalización política, que pode transformar en ocasións as asociacións en apéndices de partidos.

    A participación é tamén un punto central, falamos da súa efectividade, especialmente online, e tamén da renovación xeracional. Están as persoas máis novas desinteresadas e desmobilizadas? E ti? estás disposta a involucrarte neste programa?

    1 hr 14 min
  • USA

    Co mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser de alí mais vivir aquí hai anos.

    Con ela exploramos os lugares comúns sobre os Estados Unidos, e canto hai de certo nas cousas que cremos saber sobre ese país grazas á súa industria audiovisual. Tamén o que eles pensan sobre o resto do mundo e as semellanzas e os contrastes entre o seu país e o noso.

    Metímonos co elefante na habitación, ou na Casa Branca, e falamos do fato de perdedores convertidos agora en oligarcas reaccionarios, do seu sistema sanitario, de comercio internacional e política migratoria. Como o farán para que acabe quedando mellor o Papa!

    Naturalmente deixamos coma sempre tempo para dar as nosas dicas, menos estadounidenses do que podería agardarse.

    Adéntrate connosco nos Estados Unidos, unha terra de oportunidades… para quen poida pagar o prezo.

    1 hr 21 min

About As Womansplainers

From the publisher's feed

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

More shows like As Womansplainers

Carne Cruda - PROGRAMAS by La República Independiente

Carne Cruda - PROGRAMAS

33 Listeners

Estirando el chicle by Podium Podcast

Estirando el chicle

81 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

34 Listeners

La cena de los idiotés by SER Podcast

La cena de los idiotés

7 Listeners