
Sign up to save your podcasts
Or


No episodio inaugural do 2025 acompáñanos a Marta Veiga, xornalista e mestra, sospeitosa habitual nas Womansplainers.
Nestas datas natalicias é moi común xogar á lotería, intercambiar décimos e mercar rifas. Mais que opinamos da publicidade e cobertura informativa que se lle dá nos medios a este xogo de azar estatal? Causa isto problemas de ludopatía? Que probabilidades hai de gañar?
Falamos de supersticións e tradicións arredor da lotería, deteorías da conspiración e de métodos matemáticos que xogan coas reglas do xogo para gañar.
Ademais, tamén descubriremos que tipo de sorteos son habituais noutros países e unha lotería mexicana moi especial.
Agardamos que desfrutedes do primeiro episodio do ano e que escoitar as Womansplainers siga sendo tradición no 2025!
Neste capítulo das Womansplainers, abordamos un tema que parece banal, pero que está repleto de historia, cultura e curiosidades: os pés. Exploramos como foron moldados polas normas sociais e culturais ao longo do tempo, desde práticas extremas ata a presión estética actual por ter pés perfectos. Tamén analizamos cuestións de saúde, como o impacto do uso de zapatos incómodos, e discutimos terapias asociadas, como a reflexoloxía.
Non deixamos de lado as dimensións máis subxectivas, como o fetichismo, filias e fobias que esta parte do corpo suscita. Metede aquí o pé e escoitade todas as historias que os pés teñen para nos contar.
E será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana as Womansplainers imos a terapia coa Dra. Iria Veiga, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza.
Falamos con ela de como a linguaxe terapéutica está a invadir a nosa lingua cotiá, de termos da psicoloxía ou a psiquiatría que permean a nosa comunicación e acaban por perder o seu significado, axudando ás veces ao autocoñecemento, ás veces a autodiagnósticos errados.
Discutimos tamén as constelacións familiares, a terapia Gestalt, pseudoterapias e situacións en que facer terapia pode ser máis negativo que non facelo ou onde a terapia substitúe as conversas que antes tiñamos coas veciñas ou co párroco.
Sexan as nosas terapeutas e escoiten todo o que necesitamos falar neste episodio!
A Susana Aríns, mestra, escritora e feminista, acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers para falarmos sobre aliados.
A que nos referimos cando falamos dun aliado? Como se pode ser un bo aliado dunha causa? Son as novas masculinidades e os señores deconstruídos o novo modelo a seguir? Que opinamos do concepto "espazo seguro"? Existen realmente estes espazos?
Atoparás a resposta a todas estas preguntas e máis neste novo episodio das Womansplainers, agardámoste!
Que é un incel? De onde saen e como chegan a selo? En que grupo de idade atopamos máis incels?
No episodio desta semana mergullámonos nas profundidades de internet da man da Uxía Castro, xornalista e feminista curtida no mundo das redes sociais.
Falamos da machosfera, dos seus ídolos, referentes e estándares de comportamento a seguir.
Investigando o contraditorio mundo incel analizamos o papel da muller como obxecto de odio e de desexo, a preocupante realidade do “terrorismo incel” e a misoxinia, machismo e racismo como elementos transversais que sosteñen a ideoloxía desta comunidade.
Neste último episodio das Womansplaners contamos coa colaboración de María Calvo, oceanógrafa e divulgadora científica.
O mar é vasto e o tempo é pouco, pero abordamos ao noso xeito cuestións como a preservación do medio mariño e o que pode interferir levar a nosa mascota á praia, apañarmos esa cuncha tan vistosa que encontramos ou irmos a unha festa gastronómica.
Algúns destes puntos entroncan co tema do impacto do turismo. Trátase realmente dun motor económico? É verdade que algunhas vilas non poderían subsistir sen turistas?
E falando de existencia e subsistencia, non podíamos esquecer a mudanza climática e a subida do nivel do mar, que tantas consecuencias van ter para nós.
Despois do noso episodio coa escritora Pati Janeiro, esta semana abrimos o libro por outra páxina coa editora de Cuarto de inverno, Andrea Jamardo.
Adicamos a primeira parte do episodio a falarmos de libros que son prohibidos ou censurados e dos moitos motivos que pode convertir un libro en proscrito, desde o puritanismo até unha ortografía minoritaria, pasando por familias demasiado preocupadas pola inocencia dos seus fillos adolescentes.
Son caros os libros galegos? Son galegos todos os libros que se publican en galego? Discutimos o prezo que pagamos as lectoras, que calidade recibimos a cambio e onde vai ese diñeiro.
Escoitade a segunda parte deste episodio para podermos pasar páxina!
Esta semana celebramos o Día das Letras acompañadas da escritora Pati Janeiro, a nosa serióloga de confianza.
Rosmamos sobre as lecturas obrigadas dos institutos, sobre os señores que presumen de que tiveron que ler a Otero Pedrayo en 4º de EXB e de clásicos que non se revisan desde a Lei de Villar Palasí.
Repasamos os libros en novos formatos -audiolibros, libros electrónicos e outras maneiras de ler- ademais de toda a competencia que teñen os libros tradicionais no lecer das novas xeracións e pescudamos as cifras detrás dos laios de que agora xa son publicadas autoras.
Coma sempre, non mordemos a lingua coas nosas opinións: somos coma un libro aberto!
No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal).
Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo.
Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoimaxe de quen o practica?
Sexualización, perda de espazos propios e a incógnita do recambio xeracional son algunhas das preocupacións habituais entre as practicantes do nudismo, mais cales son os novos desafíos aos que ten que enfrotarse este colectivo?
Descubrídeo neste novo episodio das Womansplainers!
From the publisher's feed

33 Listeners

81 Listeners

34 Listeners

7 Listeners