Café Derby 21

Café Derby 21

By Café Derby 21Society & Culture
Download on the App Store

Café Derby 21 episodes

  • 🤙 BO ROLLO🤙 con The Rapants

    Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙BO ROLLO🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo'.

    Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single 'Blaster w4u', e afondamos na importancia de estar en equilibrio, surfear os problemas, rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida.

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    1 hr 2 min
  • ⚽O FÚTBOL⚽ con Vero Boquete

    Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia. E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deporte como convidada. Dedicamos o episodio 100 ao

    ⚽ FÚTBOL ⚽ coa futbolista Vero Boquete.

    Repasamos a traxectoria dunha das mestras do deporte rei, desde os seus comezos nas categorías infantiles ata o seu presente en Italia ou o paso por Estados Unidos, ademais de achegarnos á realidade actual do fútbol feminino, o seu estado de gloria, os referentes ou os múltiples casos de discriminación e polémicas vividos nos últimos tempos.

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    53 min
  • 🏠O FOGAR🏠 con Brais Lamela

    No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠.

    Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela, autor de Ninguén queda e gañador do Premio Nacional da Crítica. Xunto a este vilalbés afincado en New York falamos da importancia da cociña dentro do fogar, das dinámicas que se forman na cociña, dos tipos de cociña e de como fan fogar, do retorno ao fogar familiar, da perda de liberdade, do retorno efímero á adolescencia e a calefacción dos apartamentos ao norte de Manhattan, entre outros temas.

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    1 hr 2 min
  • 📍 PIONEIROS 📍 con Dios Ke Te Crew

    Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego.

    Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, puxemos calma para afondar no tema do programa: 📍 PIONEIROS 📍. Repasamos os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas.

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠, en ⁠Tik Tok⁠ e en ⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    57 min
  • 🚫O PROHIBIDO🚫 con Jaione Camborda

    Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno, un dos filmes da temporada e dentro do noso top do ano. Ela xa é profeta na súa terra, en todas elas.

    Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre

    🚫 O PROHIBIDO 🚫 a raíz do que acontece no filme O Corno, pero tamén en todos os ecos que resoan na actualidade. Achegámonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidade ou autocensurar o teu desexo.


    *AVISO:

    Por mor dun problema técnico no procesado do arquivo de audio, este programa ten unha duración lixeiramente inferior á habitual. Lamentamos as molestias, O Corno volverá ao Café Derby 21. Prometido!

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    28 min
  • 😭A TRISTEZA😭 con David Fidalgo

    Sección Intersección (02:19)

    Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45)

    Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección, o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich Cat'.

    Fidalgo é un dos iconos actuais en Galicia sobre o humor absurdo e existencial que toca nos límites coas bágoas, por iso foi o momento perfecto para falar sobre 😭A TRISTEZA😭. Pero ao contrario do que pode parecer, nada ou case nada neste programa é motivo de choros.

    Xunto a David Fidalgo repasamos animación de adultos, momentos traumáticos na ficción, mortes e penurias varias nas series de televisión como en 'Médico de familia', os memes e como nos contamos a través deles ou, por primeira vez, a nosa relación co humor negro.

    Pero antes de falar con el, contamos cunha sección Intersección, unha conversa curta con dous dos talentos galegos que formaron parte do festival: Breogán Xague e Sabela Eiriz.

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠, en Tik Tok e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    1 hr 7 min
  • 👏O RITMO👏 con Mondra

    Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio.

    Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA. Un dos fenómenos musicais deste ano, sen dúbida. Por iso, aproveitamos para falar sobre 👏O RITMO👏, non só no seu disco debut ARDĒN, que tamén, pero sobre os ritmos de vida, baixarlle unha ao ritmo actual, como é pasar do ritmo de anonimato a ter un perfil público más amplo, o ritmo da creación... E unha morea de cousas máis!

    ·

    Podes atoparnos en ⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠@cafederby21⁠⁠ e en ⁠⁠Instagram⁠⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    58 min
  • ⌛PASAR O TEMPO⌛ con Berta Dávila

    OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS.

    Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa benquerida Berta Dávila.

    Ademais de parolar sobre literatura, tamén contamos as anécdotas detrás dos nosos comezos, sobre vivir no presente, ollar ao pasado, arriscar o futuro, máquinas do tempo, exparellas e segundas oportunidades. Xa estamos aquí! 💙

    ·

    Podes atoparnos en ⁠Vinte na Praza⁠, no noso perfil de Twitter ⁠@cafederby21⁠ e en ⁠Instagram⁠ ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    1 hr 1 min
  • 🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU

    Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado.

    En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como representantes do talento galego: 🧍O HUMANO🧍

    Volvemos en nada! 💚

    ·

    Podes atoparnos en ⁠Vinte na Praza⁠, no noso perfil de Twitter ⁠@cafederby21⁠ e en ⁠Instagram⁠ ✌️

    ·

    Co apoio do FICBUEU e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    55 min
  • ✅OS FINAIS✅ con Ana Pontón

    Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón!

    Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública, Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando eres universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións.

    E para rematar, parolamos e fantaseamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algún momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio💚

    ·

    Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️

    ·

    Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

    59 min

About Café Derby 21

From the publisher's feed

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.

More shows like Café Derby 21

Nadie Sabe Nada by SER Podcast

Nadie Sabe Nada

402 Listeners

Carne Cruda - PROGRAMAS by La República Independiente

Carne Cruda - PROGRAMAS

34 Listeners

La Ruina by La Ruina

La Ruina

68 Listeners

Arsénico Caviar by Podium Podcast

Arsénico Caviar

11 Listeners

Descifrando a Historia by Descifrando a Historia

Descifrando a Historia

0 Listeners