O equipo de Carretando conclúe a súa terceira tempada no formato podcast! Facémolo con moitos quilómetros nas costas, no contador da autocaravana, mais tamén co orgullo do traballo destes últimos meses. E facémolo na nosa viaxe pola Boa Vila, percorrendo un lugar marcado pola verticalidade de Ence e horizontalidade do Lérez. É o momento de falar do seu modelo de cidade, pero tamén de como se atopan as organizacións políticas antes do 28 de maio.
E, desta volta, contamos con Álex Espiño, de PontevedraViva, e Cris Prieto, da delegación pontevedresa de Faro de Vigo, para contextualizar o panorama de Pontevedra. De novo, profesionais da información que achegan coñecemento e interpretación da política local!