A terceira viaxe de Carretando prodúcese nun espazo singular: Ferrol, sétima urbe galega, é unha cidade onde os problemas políticos do presente son, en realidade, cuestións do pasado. Problemas estruturais arredor da inestabilidade, a paralización do Concello ou a imposibilidade de establecer un convenio co Ministerio de Defensa para desbloquear unha parcela de 90.000 metros cadrados no centro de Ferrol.
Nesta ocasión, a través dos xornalistas Marta Corral, de Ferrol360, e Isidoro Valerio, de Radiovoz, entendemos que pasa na política local de cara ao 28 de maio, pero tamén que aconteceu nestes anos para que a cidade aínda non teña claro un proxecto para si mesma. Un horizonte de futuro.