Finalmente, no programa CAZA E NATUREZA, Francisco Couselo entrevistou a Lino Mariño, presidente da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, de Ponte Caldelas, que está a preparar dentro da chamada vertiente social da caza, unha tradicional montería anual que se vai celebrar esta fin de semana. Tamén aproveitaron para falar da marcha da sociedade despois duns momentos de controversia interna. Lino Mariño amosouse moi satisfeito por ter aumentado nuns 40 socios desde que está a nova directiva en funcionamento.