Francisco Couselo entrevistou no seu programa CAZA E NATUREZA analizou o comezo da temporada de caza maior con Juan Alonso Pérez, vogal da Federación Galega de Caza; Julio Mariño Taboada, presidente da Sociedade de Caza de Lalín; Francisco López Penelas, da Federación Provincial de Lugo; José Castro Ravela, de Ourense e Emilio Bolaño Pampín, para falar da Coruña. Analizaron nunha entrevista a cinco a situación dos tecores nas catro provincias galegas, as diferencias cinexéticas en cada unha das catro demarcacións e tamén o fluxo de cazadores de maior a menor e viceversa.