Francisco Couselo comezou o seu programa semanal CAZA E NATUREZA entrevistando á alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e a un veterano cazador e tirador de 83 anos, Miguel Blanco quen tamén fora alcalde desta localidade pontevedresa. O motivo de esta conversa foi a celebración do XXXI Campionato Provincial de Percorridos de Caza que gañou Martín Baqueiro, quedando en segundo lugar Francisco Javier Rivero e, en terceiro, Daniel Domínguez. En veteranos gañou Cristino Mera Román e en Superveterano, Luis Salmerón.