PACO COUSELO ANALIZOU NO PROGRAMA "CAZA E NATUREZA" O QUE DEU DE SI A ÚLTIMA ASEMBLEA DA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
Paco Couselo, no programa CAZA E NATUREZA de RADIO NOVA analizou co presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, os pormenores da última asemblea desta entidade que contou coa presenza da vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto e coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo Piñeiro.
A continuación, Paco Couselo entablou unha conversa co director da revista Galicia Cinexética, Antón Arrojo, con quen analizou tamén o desenrolo da temporada de caza en Galicia onde este ano parece que os afeccionados á caza maior, sobre todo ao xabaril, teñen unha boa ocasión de demostrar as súas habilidades cinexéticas.