O PROGRAMA “CAZA E NATUREZA” ANALIZA O QUE DEU DE SI A CELEBRACIÓN DO COMITÉ GALEGO DE CAZA
Francisco Couselo entrevistou no seu programa CAZA E NATUREZA ao presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, para analizar o que deu de si a celebración do Comité Galego de Caza. Entre as conclusión salientan que non se esperan novedades de cara á vindeira tempada en canto á orde de vedas.
Como novidade, aceptouse a proposición da Federación Galega de Caza de presentar un proxecto coa fundación Artemisan para a recuperación do coello e da perdiz vermella dende a provincia de Pontevedra.
Tamén falabora sobre o debate organizado por La Voz de Galicia en Lugo, sobre o lobo e a convinencia coa gandeiría en extensivo.
Finalmente, clarexaron os trámites que hai que seguir, en caso de falecemento dun can, sexa ou non de caza.