Cercaronme as ondas

Cercaronme as ondas

By RQREducation
Download on the App Store

Cercaronme as ondas episodes

  • E o galego pa cando? Coloquio sobre a situación do galego.
    E o galego pa cando?, poderiamolo cantar ao ritmo da coñecida canción de Jennifer López (aínda que ela falaba de aneis). Mais é o título que nos permite presentar este coloquio onde se valora os resultados da enquisa sociolingüística que desde o equipo de Dinamización Lingüística se realizou no IES Mendiño neste curso escolar 22/23.
    Unha enquisa dirixida a todo os membros da comunidade educativa, alumnado do instituto, de ESO e Bacharaleto, as familias, o persoal de admnistración e servizos e o profesorado.
    Trata de ver cal é a situación do galego tanto no noso instituto coma na contorna. Xa hai tres anos desenvolveuse unha primeira enquisa, tamén dirixida pola nosa responsable do EDL, Teresa Monteagudo, e neste curso escolar deciuse volver facela para comprobar que aspectos melloraran e aqueles outros que precisaban un maior afondamento.
    E que mellor que traer con nós a alumnado do noso centro para que comenten e avalíen os resultados da enquisa, aportándonos as súas reflexións sobre o presente e o futuro do galego. Así participaron neste faladoiro Alba Cabaleiro, Darío González e Sara Lusquiños, alumnado de 1º de Bacharelato, aos que acompañou a responsable do EDL do IES Mendiño, Teresa Monteagudo. Deixámosvos con elas/es.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    15 min
  • Día Mundial do Teatro
    Para celebrar unha data senlleira como a do 27 de marzo, o alumnado de 1º de ESO A e 1º de ESO C aproveitou a súa asistencia á representación en Vigo de Las aventuras de Tom Sawyer para comentar curiosidades sobre o novelista Mark Twain e para dramatizar algunhas escenas do texto adaptado. Asemade, comparten con nós as súas recensións neste enlace ao blog Poiesis. Pola outra banda, Catalina contextualiza a conmemoración e intervén xunto con tres alumnas de 1º de ESO A e Miguel Rancaño Míguez, exalumno do centro e profesor de Lingua Galega en formación, na lectura teatralizada da escena I de Romance de Lobos, comedia bárbara de Ramón del Valle-Inclán. Aderezan o programa dúas cuñas publicitarias elaboradas polo alumnado de Oratoria: Abril Nieto Moráguez (2º ESO A) e Sabela Piedras Arca (2º ESO B); Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C), Pablo Docampo Pérez (2º ESO B) e Naira Cabaleiro López (2º ESO A). Durante o programa, por orde de intervención, participan:
    • Christian de la Hoz Andrade, Paula González Mirou, Brais Couñago Cabaleiro, Saray Misa Pérez de 1º ESO C.
    • Antía Ventura Martínez, Bruno Silva Couñago, Sabela Costas Lago, Raúl Álvarez Rodríguez de 1º ESO C.
    • Omar Martínez Dopazo e Hugo Barriga Fervenza de 1º de ESO C.
    • Iago Yáñez García, Raquel Bouzón Teles, Hugo García Reguera, Eloy Allut Camiña de 1º ESO A.
    • África Bouzón Cardesín, Manuel Camino Nogueiras, Thiago Pérez Condines, Luna Regueiro Vuelta, Pablo Boullosa Alonso, Juan Pérez Táboas de 1º ESO A.
    • Miguel Rancaño Míguez, Catalina Míguez Vilas, Uxía Barreiro Gómez, Luna Regueiro Vuelta e Shaila Castro Novelle de 1º ESO A.
    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    24 min
  • O matrimonio Bach
    O alumnado de 3º de ESO conta con reporteiros intrépidos que contan cunha máquina do tempo para viaxar ata o século XVIII.
    Julieta Fernández (María Collazo) achégase a Weimar, Alemaña, ao fogar do matrimonio Bach. Eles forman a familia musical máis importante do Barroco. Anna Magdalena Bach (María Bouzón) é unha recoñecida soprano e a mellor crítica das composición do seu home. Johann Sebastian Bach (Iago Otero) é compositor de obras para clave, violín, frauta, concertos,… a súa música é imprescindible para coñecer a evolución da Historia da Música.
    A través desta enquisa coñecerás datos de interese sobre as súas vidas e terás a oportunidade de escoitar “en vivo” algunas das súas melodías máis coñecidas interpretadas polo propio Johann Sebastian.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    7 min
  • Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco
    “DIDO E ENEAS” DE HENRY PURCELL (1659-1695) A PAIXÓN NA ÓPERA DO BARROCO

    Cartago, unha cidade exótica situada no norte de África na que reina a fermosa Dido. Eneas, un príncipe troiano que foxe da sua cidade tras a súa destrución, e que viaxa coa misión de fundar Roma. Cando fai escala en Cartago, Dido namórase perdidamente del e ámbolos dous viven unha apaixonada historia de amor. Pero ai!, estamos a finais do século XVII, no Barroco, e os compositores de ópera elixen argumentos mitolóxicos onde o deber e o destino están por riba dos sentimentos, algo difícil de entender nos nosos días. As emocións contrastantes ao amor, a procuran unhas bruxas desexosas de mal. Mediante un feitizo, buscarán separar aos amantes, para que Eneas prosiga a súa travesía. Tamén hai momentos de ledicia coa presenza de mariñeiros, neste caso coa colaboración especial de alumnado de Música 1º de Bacharelato, que interpretarán a pegadiza canción “ Come away, fellow sailors”.
    O alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Música e da Danza do IES Mendiño, é o encargado no seguinte podcast de describir esta historia. O guión está baseado nos textos e músicas orixinais que o compositor inglés Henry Purcell creou para ser representada en ópera nun colexio feminino de Londres.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
















    14 min
  • As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
    Sete das alumnas e alumnos de 1º da ESO B do IES Mendiño presentan un fragmento da obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares. Foi dirixida por Clara Borrajo e representada por:- Narradora, laranxa e ovo: Sara Alonso
    - Elías: Bruno Alonso
    - Anxa: Sara Pérez
    - Veciña Desdentada: Mara Comesaña
    - Veciño da Escopeta: Pablo Figueroa
    - Veciño Gordo: Jorge Barreiro
    - Veciña Sabida: Sara Fernández
    Ao longo das sete escenas que aquí vos presentamos, descubriremos como comezan a crecer laranxas no limoeiro de Elías e Anxa, chamando a atención dos veciños da zona. Mergulládevos connosco nesta disparatada historia chea de enredos, onde as laranxas estouran e os ovos falan.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    12 min
  • Mulleres con Historia
    Os integrantes do equipo de viaxes no tempo de Redondela lograron contactar con algunhas das mulleres máis senlleiras da Historia para recoller as súas inquedanzas e vivencias. Grazas aos resultados da súa primeira misión gozaremos das entrevistas a María Pita, Olympe de Gouges e Madame de La Fayette.
    Participantes: María Bouzón Fernández (3º A), María Collazo Bernárdez (3º A), Petar Ivanov Teijeiro (3º A), Fátima Moreira Barciela (3º A), Marta Romero Rey (3º C), Daniela Iglesias Santana (3ºC) e Claudia Vázquez Cabaleiro (3º C).

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    11 min
  • Cousiñas do mar e do rio
    Estrea mundial de:
    COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO. Unha obra de Fernando González Graña.
    Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:
    • Narrador: Bruno Alonso
    • Sardiña: Omar Martínez
    • Troita: Brais Couñago
    • Polbiño: Ainhoa Mouriño
    • Escalo: Candela Martínez
    • Salmón: Mélani García

    Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!
    Esta obra foi montada como colaboración do Equipo da Radio RQR co Proxecto Ríos do centro.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    18 min
  • Cousas de francés
    iCon motivo do intercambio do IES Mendiño co Lycée Mauperthuis de Saint Malo o alumnado de 4°ESO, de xeito distendido, vainos contar cousas desta vila da Bretaña, da súa historia e da súa gastronomía. A continuación, alumnado de francés de 1° de Bacharelato contará tamén cousas da obra de teatro que fomos ver a Cangas o pasado 1 de marzo, Le Tour du Monde de Nelly Bly, da compañía BoHèMe productions, en particular, a vida desta muller fascinante chamada Nelly Bly, a primeira en dar a volta ao mundo. Para rematar, ofreceranos unha lectura dramatizada dunha das escenas máis icónicas da historía de Xulio Verne onde Phileas Fog aposta que é posible dar a volta ao mundo en 80 días. Agardamos que vos guste.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    11 min
  • Rodri Míguez, tiktoker galego, e en galego!
    Unha das actividades máis celebradas da "Semaniña enteira" foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex alumno do Mendiño. Neofalante tamén. Entre os cinco contaron como e cando decidiron botarse a falar en galego. Deron consellos para facelo en fortaleza e animaron o alumnado a dar o paso. Xa ao remate, a petición do estudantado, Rodri Míguez deu referentes musicais e audiovisuais actuais que lle parecía que puideran sen atractivos para o alumnado presente. Por este motivo, e a petición novamente do noso alumnado, convidámolo á RQR para facerlle unha entrevista, e que quedase constancia desas recomendacións, por se fosen do interese tamén para o resto da comunidade educativa do centro.
    A entrevista foi elaborada polo alumnado de 1º de Bacharelato e foi locutada por Sara e Nico, de 1º de Bacharelato C.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    11 min
  • Pilar Moraguez, paixón pola música e o canto
    O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional, achegouse ao IES Mendiño.Cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona a voz como instrumento e, por suposto, cantou para nós. Pilar transmite cercanía e paixón e grazas a iso, o público asistente accedeu a un estilo musical descoñecido que recibiron con respecto e admiración. O alumnado destacou o seu potencial de voz e bo facer no escenario.
    O alumnado de 4º ESO de Música, posteriormente realizoulle unha entrevista para a radio escolar RQR, para que a comunidade educativa toda puidese coñecer esta artista. Non deixedes de escoitar este documento sonoro que, ademais, agocha unha sorpresa musical!

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    18 min

About Cercaronme as ondas

From the publisher's feed

O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.