Cercaronme as ondas

Cercaronme as ondas

By RQREducation
Download on the App Store

Cercaronme as ondas episodes

  • 25N: Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller
    "Porque a violencia non é un xogo" é o lema co que se conmemora este ano 2022 o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller na nosa vila, Redondela.
    O IES Mendiño participa activamente nas actividades educativas arredor desta conmemoración.
    NIco e Maeloc, de 1º de Bacharelato, aproveitan a ocasión para conversar con Almudena Suárez, vicedirectora, para que nos explique en que consisten as actividades que se están a levar a cabo arredor do 25N. Por outra banda, achéganse aos estudos de RQR dous profesores do centro, Miguel Lamelas e José Antonio Martínez, que responden ás cuestións do alumnado sobre a realidade da violencia contra a muller.
    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal
    E se queredes coñecer máis sobre as actividades previstas sobre o 25N promovidas desde o Concello de Redondela: http://redondela.gal/media/featured/attachment-1-29.jpg

    Sintonía:
    The following music was used for this media project:
    Music: Wholesome by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    12 min
  • Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas
    O luns 24 de outubro tivo lugar a celebración do Días das Bibliotecas. Baixo o lema "Todas as pegadas levan a ela" o equipo da biblioteca do IES Mendiño realizou toda unha serie de actividades nas que implicaron a toda a comunidade educativa.
    Acompaña ao alumnado de 1º ESO A, Uxía Barreiro Gómez, Pablo Boullosa Alonso, Naia Boullosa Zubiaurre, Hugo García Reguera, Marta Barreiro Pérez, Sofía Darroza Villar, Thiago Pérez Condines e Luna Regueiro Vuelta, quen nos contan o por que da celebración, as actividades do centro no Día das Bibliotecas e a importancia das bibliotecas e da lectura nun centro educativo.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Sintonía:
    The following music was used for this media project:
    Music: Wholesome by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    4 min
  • Falamos con Fon Conde sobre a música en Redondela
    Achégase aos estudos de RQR, Fon Conde, quen ademais de ser o responsable da cafetaría do IES Mendiño, fixo a selección musicial para a nosa banda sonora desta semana con artistas de Redondela: músicas e vídeos de Quilometro 0, que se poden escoitar no centro ao longo desta semana.
    Ademais, agasallounos coa estrea mundial do último tema das Efémeras, do que el forma parte, titulado Formigón.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal
    E se queredes coñecer máis sobre as Efémeras, o grupo musical de Fon: https://www.facebook.com/asefemeras/

    Sintonía:
    The following music was used for this media project:
    Music: Wholesome by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    12 min
  • Falamos de fútbol sala con Elena e Paula
    Xa metidas en pleno curso escolar, aproveitamos para falar co noso alumnado das actividades que están a facer fóra do instituto.
    E temos a sorte de contar con Elena e Paula, alumnas de 1º da ESO, ambas as dúas xogadoras de fútbol sala no Redondela F.S. E como non, explícanos por que escolleron este deporte. dos preconceitos que o asocian ao mundo masculino, do que supón estar nun equipo federado e moito máis.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal
    E se queredes saber máis do club de Elena e Paula: https://redondelafutbolsala.com/


    Sintonía:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    10 min
  • Faladoiros en galego
    Este venres 21 de outubro de 2022 botamos a andar os Faladoiros de galego do IES Mendiño. Hoxe viñeron a radio Brais Araujo e Uxía Barreiro, de 1ESO A, que gravaron unha cuña para animar a comunidade educativa a participar.
    Vive a experiencia de falar en galego!


    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:

    Deitado frente ao mar, de Dios ke te crew (https://youtu.be/KRfREFi3eqk)
    Sintonía:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    1 min
  • Especial sobre o Orgullo
    Neste episodio especial do Cercáronme as Ondas "edición Orgullo" facemos algo inédito, alumnado do noso centro traendo aos estudos de RQR do IES Mendiño compañeiros doutros institutos para formar unha mesa de expertos, expertas e expertes de toda clase e condición para poder explicar e dar a coñecer un pouco máis á nosa xente que significa o Orgullo, de onde ven, a dar bastantes datos curiosos, a debatir e a demostrar que nos tamén existimos e que tamén temos moitísimas cosas que dicir; porque se non nos dan espazos no mainstream e no públicos, simplemente imos construílos pase o que pase.
    Este programa foi gravado a finais de xuño de 2022, mais por dificultades varias publícase neste outubro. Así serve como recordatorio de que aínda o Orgullo se celebre śo nun mes, este dura todo o ano enteiro porque todo o ano estamos aí fóra existindo e loitando por dereitos para todes.


    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    25 min
  • Para que serve unha ANPA?
    No programa de hoxe, dentro da benvida que lle seguimos dando ao cuso 22/23, Mara Comesaña e Bruno Alonso, de 1º ESO B, acompañados da súa profesora de galego Pilar Cornes, entrevistan a Anxo Lusquiños, o presidente da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado) do IES Mendiño. Con el falan, entre outros temas, das funcions dunha ANPA, do problema do transporte escolar (un dos temas que máis lles está custando solucionar) ou da recente creación dunha Federación de ANPAS en Redondela.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    23 min
  • Benvida ao curso 2022-23
    Dámoslle a benvida ao curso 2022-23 entrevistando a catro alumnas/os recén chegados ao noso centro. Falamos con Bruno Silva, Lucía Campos, Melani García e Ainhoa Mouriño, todas alumnas de 1º de ESO C. E acompáñaas a súa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira. Todas/os acaban de chegar ao IES Mendiño, e imos conversar sobre as súas primeiras impresións.

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    13 min
  • Recortes, recortes, recortes no ensino público galego
    Metidos na fin do mes de xullo achegámonos aos micros, da man do director do instituto, para vos contar como afectan os recortes de persoal docente e o aumento das ratios das aulas a un centro público, coma o noso.

    Cercáronme as ondas é un podcast de RQR - IES Mendiño: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    12 min
  • Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia
    Ademais do alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño, o alumnado das materias de Ciencias da Terra e do medioambiente de 2º de bacharelato e de Cultura científica de 4º da ESO tamen combinaron a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR. 
    A profesora de Bioloxía e xeoloxía, Liliana Saco, planteou ao alumnado de Bacharelato a preparación de guións de podcast que axudaran a comprender a sociedade os fenómenos meteorolóxicos que afectan a Galicia principalmente, cal é o seu funcionamento e cales son os seus riscos asociados. Pero xa sabemos o que pasa en segundo de bac, o tempo pasa rápido e o curso faise moi curto. O alumnado de Cultura científica, sabendo a gran necesidade de pechar a brecha e acercar a ciencia á sociedade, ofrecéronse voluntarios para gravalos, aportando así o seu graniño de area á divulgación científica.
    O podcast inclue 5 bloques:
    1. O tempo atmosférico: Escrito por: Hugo Vázquez e Iago Martínez
    Voces de: Sandra Couñago e Sheila Santos
    2. As cicloxéneses explosivas: Escrito por: Felipe Martínez, Carla Lusquiños e Pablo Sobral.
    Voces de: Bruno Carrera, Héctor Borrero e Noah Raña
    3. A DANA. Escrito por: Laura Martínez, Alba Ojea e Andrea Devesa.
    Voces de: Brais Tellado, Rubén Bouzón e Raúl Conde.
    4. As vagas de calor e de frío. Escrito por: Iria Quinteiro, Paula Cabrera, Emma Lago e Candela Couñago.
    Voces de: Lucía González, Daniel Fernández, Rubén de la Torre e Nicolás Kaulback.
    5. Os furacáns. Escrito por: Uxía Sobrado, Sabela Gunche, Aldara González e Candela Crespo.
    Voces de: Sheila Santos, Sandra Couñago, Erik Domínguez e Diego Rodríguez.

    Cercáronme as ondas é un podcast de RQR - IES Mendiño: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    20 min

About Cercaronme as ondas

From the publisher's feed

O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.