Cercaronme as ondas

Cercaronme as ondas

By RQREducation
Download on the App Store

Cercaronme as ondas episodes

  • Antes de que remate a primavera
    O 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, conmemórase o día mundial da poesía. Para celebrar este día, o noso alumnado de primeiro da ESO A e a súa profesora de Lingua Castelá e literatura, Catalina Míguez Vilas, queren que disfrutemos da lectura dramatizada do poema Romance de la luna luna, escrito por García Lorca e que pertence ao Romancero gitano.
    As voces que realizan esta excelente interpretación son Ana Martínez Figueroa, Mateo Lago Pérez, Candela Martínez Rodríguez e Cayetana Barros González.

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    3 min
  • Conversas arredor do clima. Meteomendiño
    O alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño combinou a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR, a radio do instituto.
    Conscientes da importancia de coñecer como funciona a natureza e como se producen os fenómenos atmosféricos que observamos de xeito cotiá, os alumnos e alumnas elaboraron diálogos divulgativos sobre os fenómenos meteorolóxicos, o clima e os efectos da actividade do ser humano sobre a atmosfera. Estes textos foron posteriormente gravados na radio, dando lugar a un espazo que titulamos “Conversas arredor do clima”.
    O alumnado participante foi:
    Xeada e orballo
    Ainhoa, Sabela e Xiana A.
    O vento e as súa medidas
    Álex, Brais, Lucas e Mateo
    Como se forman as nubes?
    Bruno, Diego, Simón, Xabi e Xoán.
    A presión atmosférica
    Anxo, Ezequiel, Iván e Xiana V.
    A chuvia ácida
    Ana Lía, Candela, Cayetana, Mara e Silvia.
    O efecto invernadoiro
    Alba, Mateo, Naiara e Pepe.

    Podes consultar as notas do episodio na nosa web: https://rqr.gal

    Música da sintonía:
    Wholesome by Kevin MacLeod (https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome)
    13 min
  • Achegamento á vida e obra de Florencio M. Delgado Gurriarán. Letras Galegas 2022
    Alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do IES Mendiño de Redondela realizamos un pequeno traballo de investigación a respecto da vida e obra do poeta homenaxeado no “Día das Letras Galegas” deste ano 2022, Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
    Froito deste traballo xorde este podcast que vos presentamos. Facemos un breve percorrido
    pola súa vida e parte da súa obra, recitando algúns versos que nos gustaron e emocionaron.
    Asemade servíronnos de inspiración musical, de xeito que, na clase de Música, o alumnado chegou a escribir as súas propias composicións musicais a partir da lectura de certos poemas; e mesmo foi o propio alumnado quen, amais de escribir as partituras musicais, tamén as interpretou.
    Podes consultar as notas do episodio na nosa web:
    https://rqr.gal

    Música da sintonía:
    Wholesome by Kevin MacLeod (https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome)
    5 min
  • Sechu Sende: literatura para transformar a realidade
    Sechu Sende visitou o IES Mendiño o venres 21 de xaneiro de 2022. Un reencontro, xa que como el mesmo lles lembrou ao alumnado de 1º de Bacharelato que foi escoitalo, viñera en marzo de 2020, uns días antes en que nos mandaran a todas confinadas e que se abrise estes novos tempos de pandemia. E de aquela el viñera a abrirnos ao mundo, ao Kurdistán que el coñecía, nun acto do clube de lectura do noso centro.
    A visita de Sechu respondía ao traballo de dúas alumnas do centro, Cecilia e Rachele, que elaboraron un vídeo a partir duns relatos do autor de Made in Galiza (2007). Así, o alumnado de 1º de Bacharaleto do noso centro puido asistir á estrea do vídeo, compartindo coas autoras do vídeo as motivacións que as levaron a facelo, e co autor da obra a falar devagar de moitas cousas.
    E, como non!, aproveitando a súa visita, Uxía Ricón e Martín Rodríguez, de 1º Bacharelato, acompañaron a Sechu Sende aos estudos de RQR, a radio do Mendiño, para lles facer unhas preguntas e poder coñecer mellor á persoa e ao autor.



    Música da sintonía:




    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-licen
    17 min
  • O Sistema Solar a escala
    Sabes o grande que é o Sistema Solar? Está pregunta fixémoslla ao alumado de 1º ESO do IES Mendiño.



    Ramón Noche, profesor de Xeografía e Historia do IES Mendiño, deu un paso máis e propuxo unha actividade onde co Sol e os planetas do Sistema Solar, feitos a escala, desprazouse pola vila de Redondela co alumnado para comprobar in situ a que distancia estarían, respectando a escala dos obxectos utilizados.
    Iván, un dos nosos alumnos de 1º ESO, explícanos en que consistiu a actividade e como se desenvolveu.



    Músicas que acompañan o audio:
    ANBR Adrián Berenguer. Intro, do álbum "La Ballena Azul". https://www.jamendo.com/track/925632/intro



    Música de sintonía: Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-licen
    4 min

About Cercaronme as ondas

From the publisher's feed

O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.