Hoxe remata o prazo para presentar as solicitudes para participar nas actividades de formación en lingua estranxeira convocadas pola Consellería de Educación para alumnado de ESO e Bacharelato. Así o explicaba a directora do Espazo Xove de Tui, Mónica Bugarín, onde se pode ampliar esta información.
Deu conta tamén Mónica Bugarín doutro programa de inmersión lingüística, neste caso convocado polo Ministerio de Educación e cuxo prazo está aberto até o 22 deste mes.
Por outra parte deu conta Mónica Bugarín da convocatoria das probas de acceso ao ciclo medio de ciclos formativos.