O Espazo Xove de Tui acolle o venres 10 de febreiro ás 17.30h a segunda xornada do programa Enredos esta vez sobre “Asesoramento para a participación xuvenil a través do asociacionismo” . Explicaba Mónica Bugarín, directora deste centro xuvenil, coma esta xornada pode ser de interese tanto para as persoas que teñen creada xa a súa asociación coma para las que están pondo en marcha un novo colectivo.
Deu conta tamén Mónica Bugarín da convocatoria dunha nova edición do concurso Xuventude Crea, neste caso para realizar o cartel anunciador.