O curso de Tírame da Lingua que hoxe ía comezar no Espazo Xove Tui queda aprazado até finais de xaneiro, xa que non cubriron o número mínimo de prazas precisas, tal e coma explicou a súa directora, Mónica Bugarín.
Neste centro xuvenil podemos visitar ata o 13 de decembro a mostra do certame fotográfico Viaxando.
Deunos conta tamén Mónica Bugarín da convocatoria do premio literario de relato curto Norteart dotado con 2 mil euros
Achegounos tamén información das bolsas de postgrao convocadas pola Fundación La Caixa.