Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

All Día a Día episodes

  • Ent. Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon | Hoxe comeza a TuidCon Hispacon
    Hoxe venres ás 16 h inaugúrase a Tuidcon HispaCon, a convención da literatura fantástica que se vai celebrar en Tui até este domingo. Será en tres espazos: a Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez, o Espazo Sociocultural, e o edificio da Praza da Inmaculada.
    Conferencias, mesas redondas, unha feira editorial, xogos de rol, cosplay... forman parte do programa previsto coma hoxe detallou Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon.
    14 min
  • Ent. Rodrigo Almeida e Noel Claro, de Xuventude de Vilameán | XXXV Festa do Carballo
    Castañas, múica, xogos populares, inchables e verbena será o que este sábado 17 se vivirá na Festa do Carballo que organiza Xuventude de Vilameán.
    Este magosto “ao grande”, como definen os seus organizadores, cumpre este ano 35 edicións cunha programación especial durante toda a xornada.
    Así nolo contaron na nosa sintonía Rodrigo Almeida e Noel Claro, membros da organización.
    5 min
  • Ent. Ismael Felgueiras e Vilo López, de Amigos da Festa de Rebordáns | III Terrordáns
    Até mañá venres está aberto o prazo de inscrición para a andaina nocturna Terrordáns, que organiza a comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Será este sábado 17 ás 21.30 h dende o torreiro de festas, e a inscrición inclúe chocolate con rosca e queimada ao remate. O prezo é de 6€, e gratuíta para menores de 12 anos.
    Ademais, o próximo 7 de novembro volven os bingos semanais.
    Así nolo contaron hoxe Ismael Felgueiras e Vilo López, da comisión.
    5 min
  • Ent. Yoli Lorenzo, actriz | Espectáculo Dedín, dedín, dedal
    Mañá venres ás 19 h a cita no Teatro Municipal de Tui será co público familiar. Malasombra Producións presentará "Dedín, dedín, dedal", un espectáculo musical para rir e bailar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.
    Yoli Lorenzo, quen xunto a Brais Iriarte dá vida a esta función, animou hoxe ás familias a achegarse ao teatro.
    6 min
  • Ent. Julieta Alacino, de Alalá Cooperativa Galega | IX Xornadas de Educación Ecosocial
    Esta fin de semana celébranse as IX Xornadas de Educación Ecosocial, organizadas por Alalá Cooperativa Galega en colaboración con FUHEM. Serán dous días, o sábado 17 e o domingo 18, con actividades en Tomiño e no Monte Aloia.
    Van dirixidas aos centros educativos da comarca, e a participación é gratuíta, tal e coma hoxe explicou Julieta Alacino, de Alalá Cooperativa Galega.
    9 min
  • Ent. Fátima García Doval, pedagoga | Exposición "O sentido de Alicia"
    Hoxe mércores ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a inauguración da exposición "O sentido de Alicia", cunha escolma de 90 elementos da colección de Fátima García Doval sobre o libro de Lewis Carrol "Alicia no país das marabillas". Esta mostra poderá visitarse dende hoxe até o 10 de xaneiro de 2027.
    Fátima García, pedagoga, contounos hoxe algunhas curiosidades das pezas que poderemos visitar no centro bibliotecario tudense, nunha iniciativa que se enmarca no Mes da Biblioteca.
    10 min
  • Ent. Lola Robles, escritora | TuidCon HispaCon 2026
    A escritora Lola Robles estará presente na TuidCon HispaCon 2026 esta fin de semana en Tui. Ofrecerá a charla "A nosa propia Historia" e moderará o encontro entre Rosa Montero e Mafalda Santos, ambas actividades o sábado 17 no Espazo Sociocultural.
    Hoxe conversamos con Lola Robles sobre esta convención e os seus libros.
    13 min
  • Espazo Comercio | Ferretui
    No tempo do Espazo Comercio que cada martes abrimos en colaboración con ACITUI, hoxe recibimos a Eduardo Dacuña de Ferretui.
    Nesta céntrica ferretería tudense contan con maquinaria, ferramentas e produtos para distintos labores que chegan co outono como é a poda ou a invernaxe das piscinas, entre outros.
    4 min