Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,484 episodes available.
April 07, 2025Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Campamento Igual É +O Concello de Tui volve ofertar este verán o Campamento Igual É +, con catro quendas nos meses de xullo e agosto para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prazo de solicitude abre este 30 de abril ate o 14 de maio. Hoxe, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, deu conta de todos os detalles....more5minPlay
April 07, 2025Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artístico Ribex | Campionato de España 2025Esta fin de semana, do 12 e 13 de abril, o Club de Patinaxe Artístico Ribex participa no Campionato de España que se celebra en Reus, despois de ser campión galego en Show Grande. Hoxe a adestradora de Ribex, Carolina Figueroa, contounos como afrontan esta destacada cita no seu calendario....more4minPlay
April 07, 2025Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | Proxección "Top Secret!"O Cineclub Tui homenaxea mañá martes ao actor Val Kilmer, recentemente falecido, coa proxección da película "Top Secret!". Será cunha única sesión, ás 20.45 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O prezo é de 4,5 € para público xeral e 2 € para persoas socias. Así nolo explicou Noemí Guisande, do Cineclub Tui....more4minPlay
April 04, 2025Ent. Mónica Pérez Pazo, enfermeira especialista en Hemodinámica | Operación pioneira válvula mitralA enfermeira tudense Mónica Pérez Pazo, especialista en Hermodinámica, forma parte do equipo que hai un mes levou a cabo unha operación pioneira a nivel internacional. Foron os primeiros en implantar, por vez primeira no mundo, un novo dispositivo para reparar a válvula mitral do corazón dun paciente de 77 anos. Conversamos con ela sobre este fito médico....more11minPlay
April 04, 2025Ent. Hugo Lage, de Buguina Turismo | Tui de CineDende a Praza da Inmaculada de Tui partirá mañá sábado ás 21.00 horas a visita guiada "Tui de Cine", organizada por Buguina Turismo para coñecer e pór en valor o patrimonio audiovisual da localidade.Con Hugo Lage, de Buguina Turismo falamos sobre este paseo guiado polos vellos cinemas, festivais audiovisuais e lugares onde se gravou máis dunha ducia de filmes e series de televisión....more7minPlay
April 04, 2025Ent. Lucas González, director en funcións de representación da Comisión Europea en España | As prazas de EuropaA Eurocidade Tui-Valença acollerá o vindeiro martes, 8 de abril, a XX edición da iniciativa As prazas de Europa, impulsada pola Comisión Europea. A actividade será no Paseo da Corredoira, en horario de 18.00 a 20.00 h. Lucas González, director en funcións de representación da Comisión Europea en España, daba conta dos detalles deste encontro, que coincide co 40 aniversario do Tratado de Adhesión de España e Portugal á Comunidade Económica Europea....more5minPlay
April 04, 2025Ent. Germán Ruiz, gaiteiro | Concerto no Auditorio de Torroso (Mos)Hoxe, venres, o gaiteiro Germán Ruiz presentará o seu segundo disco en solitario, "Hemisferios", no Auditorio de Torroso, en Mos. Será ás 20.30 horas e as entradas poderán mercarse no propio auditorio ao prezo de 10 euros. Co músico valisoletano falamos hoxe sobre a súa paixón pola gaita e por Galicia....more4minPlay
April 04, 2025Ent. Rafael Pérez e Mari Carmen González, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto-AudiciónMañá, sábado, ás 19.00 horas, a Escola de Canto Ponte das Febres ofrecerá un concerto-audición no que participarán 15 alumnos interpretando 34 cancións de diferentes estilos, décadas e idiomas. Será na Casa Cultural da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e a entrada é libre e gratuita. Hoxe déronnos os detalles Rafael Pérez, presidente da Escola de Canto Ponte das Febres; e Mari Carmen González, alumna....more7minPlay
April 04, 2025Ent. Juan Álvarez, da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí | IV BTT Terras de Tomiño e Florentiña210 persoas participarán este domingo na IV BTT Terras de Tomiño e Florentiña que organiza a Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí. A saída será ás 9.00 horas dende a Praza do Seixo. Hoxe falamos con Juan Álvarez, da asociación organizadora, sobre os dous percorridos da proba e sobre a celebración da II Andaina popular e da I Xincana Infantil....more4minPlay
April 03, 2025Ent. Arturo Regueiro, conductor de A outra banda | 100 programas de A outra bandaComo cada xoves, hoxe ás 22.00 horas emitirase A outra banda, na Radio Municipal de Tui, pero esta ocasión é especial xa que se cumpren 100 programas. Para celebralo hoxe falamos co seu conductor, Arturo Regueiro, que nos contou coma xurdiu o programa e tamén a proposta que realizará esta noite dunha viaxe romántica pola primavera....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,484 episodes available.