Mañá sábado, ás 11.30 h, terá lugar a inauguración do Mercado de San Antonio, tras as obras de reforma realizadas na praza do abastos. O acto contará coas intervencións das autoridades, a actuación de Sheila Patricio, Arrancaxestas e Nuno Louro, e tamén haberá animación infantil e degustacións gastronómicas. Falamos coa concelleira de Comercio, Ana Núñez, quen repasou a actuación realizada e convidou á cidadanía a acudir ao acto de mañá.