Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.
November 28, 2024Espazo Comercio | Naldo CostasEn agosto de 1994 abría as súas portas o salón de beleza Naldo Costas, en Tui. O seu propietario, que dá nome ao establecemento, participou hoxe o Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI. Repasou estes 30 anos de historia e deu os detalles dos novos espazos que crearon no centro, como a boutique de cosmética e a perfumería....more9minPlay
November 27, 2024Ent. Alejandro Pardo, responsable da área social do Tyde | Campaña de sociosSeguir crecendo na campaña de socios e socias é un dos obxectivos que ten o Tyde esta temporada. Alejandro Pardo, o responsable da área social do equipo, deu conta no noso programa destas cifras e tamén dos éxitos colleitados nas últimas semanas....more8minPlay
November 27, 2024Ent. Llerena Perozo, escritora | Presentación do libro "Os anos tranquilos" en TuiA escritora Llerena Perozo presenta hoxe o seu libro " Os anos tranquilos" como parte da programación do Concello de Tui polo 25N. Farao ás 19.00 h, na sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez. Falamos coa autora sobre esta nova obra e sobre o acto desta tarde....more5minPlay
November 26, 2024Ent. Robin Trigas, artista | Exposición "Después de que nos hayamos ido"Até o 11 de xaneiro a Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle a mostra "Después de que nos hayamos ido", de Robin Trigas. Trátase dunha colección de 36 cadros que versan sobre o mundo que quedaría sen humanos, baixo as técnicas de encáustica e nihonga. Coñecemos máis co artista....more12minPlay
November 26, 2024Ent. Javier Argüelles e Noemí Guisande, Cineclub Tui | "Sempre nos quedará mañá", de Paola CortellesiHoxe hai unha nova cita do Cineclub Tui coa proxección da película "Sempre nos quedará mañá", de Paola Cortellesi. Haberá dúas proxeccións, a primeira ás 18.30 h e a segunda ás 20.45 h na aula da UNED. Javier Argüelles e Noemí Guisande, do Cineclub, déronnos os detalles desta película. Hoxe a entrada para socios é gratuíta....more1minPlay
November 26, 2024Espazo Comercio | Emma GastrobarEn marzo de 2022 Isaac Míguez abriu o seu restaurante Emma Gastrobar coa idea de marcar un icono gastronómico en Tui. Actualmente non só lidera este proxecto, senón que conta con outros tres establecementos: Beldade, Catro Elementos e Decalle. Contounos a súa evolución no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI....more8minPlay
November 25, 2024Especial 25 N | CEIP Caldelas, CEIP Randufe, CEIP Rebordáns, CRA Mestra Clara Torres e IES Indalecio Pérez TizónCoñecemos as accións e actividades programadas por algúns dos centros educativos tudenses con motivo deste 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller....more10minPlay
November 25, 2024Ent. Catuxa Salom, cantante e compositora | Especial 25NA cantante e compositora Catuxa Salom participa esta tarde no acto insitucional do 25N que organiza o Concello de Tui a partir das 18 h na Praza do Concello. Hoxe falamos con ela sobre esta actuación que vai realizar e na que presenta o seu primer álbum, "Caldo"....more4minPlay
November 25, 2024Ent. Roberto Díez, director do Colexio Maristas Santa María de Tui | Especial 25NCoñecemos con Roberto Díez, director do Colexio Maristas Santa María de Tui, as actividades realizadas neste centro educativo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Foi no espazo dedicado ao 25N do programa Día a Día....more2minPlay
November 25, 2024Ent. Chis Oliveira e Amada Traba, expertas en educación emocional e sexualidade na xuventude | PornografíaO consumo de pornografía e o tipo de contido centran a nosa conversa con Chis Oliveira e Amada Traba, expertas ambas en educación emocional e sexualidade na xuventude. Co seu libro "Ámame: pensar o amor no século XXI" abordamos diferentes aspectos sobre as relacións amorosas, nunha entrevista que forma parte do especial 25N....more27minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.