Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.
November 20, 2024Especial 25 N | Equipo VioGén da Garda CivilO cabo primeiro, José Luis Gaspar; Silvia Rodríguez; Carlos Tajes; Jennifer Stegemann; Sergio Álvarez; e Mónica Iglesias conforman o equipo VioGén da Garda Civil que actúa en Tui e na comarca do Baixo Miño. Cubre un total de 14 concellos dos partidos xudiciais de Tui e de Ponteareas. Cos catro primeiros falamos hoxe no programa Día a Día, no especial 25 N....more19minPlay
November 19, 2024Ent. Eloy Carrera e Miguel Prado, Banda de Música Popular de Tui, e José Carlos Montes, SOS Tomiño | Concerto Santa Icía“Dj Sinfónico” é o título do concerto de Santa Icía que este sábado, ás 19 h, vai ofrecer a Banda de Música Popular de Tui. Será un evento solidario en favor de SOS Tomiño-Baixo Miño. Falamos co director da Banda, Eloy Carrera; cun dos integrantes, Miguel Prado; e, dende SOS Tomiño Baixo Miño, José Carlos Montes....more9minPlay
November 19, 2024Ent. Demetrio Fernández, promotor, e Elena García, técnica | Comunidade enerxética de SalcedaHoxe coñecemos máis da comunidade enerxética de Salceda de Caselas da man do seu promotor, Demetrio Fernández, e da súa técnica, Elena García....more12minPlay
November 19, 2024Ent. Carmen González e Ana Rodríguez | Especial 25N recursos a dispor da vítimas de violencia de xénero e o seu entornoHoxe continuamos no espazo dedicado ao 25N no programa especial Día a Día coñecendo os recursos que están a dispor das mulleres vítimas de violencia de xénero ou do seu entorno. Fixémolo con Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e Ana Rodríguez, xurídica do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos....more27minPlay
November 19, 2024Ent. Rafael Estévez, Arlindo Sousa e Justi Peixoto | VIII Urban Trail NightEste sábado 23 celébrase na Eurocidade Tui-Valença a oitava Urban Trail Night que partirá dende Valença e rematará en Tui. Hoxe falamos con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença e Justi Peixoto, de Sra. Emilia e un dos organizadores, para coñecer todos os detalles desta cita que agarda chegar aos 600 participantes....more14minPlay
November 18, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | Programación 25N 2024“Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” é o lema da programación do 25N do Concello de Tui. Hoxe falamos da mesma coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez. Con ela abrimos o espazo dedicado ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero que imos realizar diariamenta até o próximo mércores 27....more24minPlay
November 18, 2024Ent. Polo Quinteiro e Ruth Villar, do Banco de Alimentos, e José Quinteiro, de SOS Tomiño | Gran recollida de alimentosEste venres día 22 e o sábado 23 terá lugar a gran recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e SOS Tomiño Baixo Miño. Polo Quinteiro, vicepresidente do Banco de Alimentos; Ruth Villar, responsable de prensa do mesmo; e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño explicaron como podemos colaborar nesta iniciativa solidaria....more11minPlay
November 18, 2024Ent. María Alonso, Sandra Pan e Vanesa Rodríguez, de Diversidades Acolle | Iniciativa solidaria "Gnomos e bufandas""Gnomos e bufandas" é a iniciativa posta en marcha dende Diversidades Acolle para achegar a maxia do Nadal a aquelas persoas que atenden nos seus centros. Coñecemos máis deste proxecto cunha das traballadoras sociais do centro, Sandra Pan; unha das educadoras, María Alonso; e unha das orientadoras laborais, Vanesa Rodríguez....more10minPlay
November 18, 2024Ent. Noemí Guisande, Cine Club Tui | Proxección do martes 19 de novembro"O crespúsculo dos deuses" de Billy Wilder é a película que proxecta mañá martes o Cine Club Tui. Lembramos que haberá dúas sesións: unha ás 18:30 h e outra ás 20:45 h na aula da UNED. Noemí Guisande do Cine Club Tui falounos da trama da película....more4minPlay
November 15, 2024Ent. Antonio Paz, experto en dixitalización | Mentoring para comercio localEste domingo remata o prazo de inscrición para o programa de mentoring destinado a guiar ao comercio local no seu proceso de dixitalización que organiza o Concello de Tui. Antonio Paz é o encargado de impartir este programa....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.