Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.
November 15, 2024Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano; e Moisés Barcia, director de Sushi Books | Pack GnomosSomos Océano e Sushi Books uníronse para achegar ás novas xeracións a historia do libro "Gnomos", que inspirou a creación da serie "David, el Gnomo". Coñecemos máis sobre esta unión con Ana Carpintero, de Somos Océano; e Moisés Barcia, director de Sushi Books....more7minPlay
November 15, 2024Ent. Juan González, presidente de Protección Civil de Tui; e Silvia Bouza, de Toke de Queda | Gala solidariaMañá sábado terá lugar a Gala Solidaria de Protección Civil de Tui en favor de Aceesca e Galiclown. Actuarán o grupo tudense Toke de Queda e o humorista Damián Alonso. Será ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. Falamos con Juan González, presidente de Protección Civil de Tui; Silvia Bouza, de Toke de Queda; e tamén con Damián Alonso....more7minPlay
November 15, 2024Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador | 401 aniversario do falecemento de Francisco SánchezHoxe coñecemos máis ao filósofo e médico tudense Francisco Sánchez polo 401 aniversario do seu falecemento. Facémolo co historiador Rafael Sánchez Bargiela....more11minPlay
November 15, 2024Ent. Paula Pier, artista | "Eu, Fraude", no Teatro Municipal de TuiO espectáculo teatral, musical e poético “Eu, Fraude” de Paula Pier pecha hoxe a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. En escena estarán Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco. A cita será ás 21 h e as entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 8€ e 6€. A artista deunos todos os detalles da súa proposta....more5minPlay
November 14, 2024Ent. Manuel Madarnás, música, e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xira Mmarca OpusManuel Madarnás ofrece un concerto dentro do seu proxecto Mmarca, Opus, no Rosal. Será este domingo 17 de novembro ás 19 h no Auditorio Municipal, con entrada libre e gratuíta. Estará acompañado pola Banda de Música Popular de Tui. Eloy Carrera, director da banda tudense, e Manuel Madarnás, déronnos os detalles....more5minPlay
November 14, 2024Ent. José Álvarez e Vicky Méndez da Asociación A Insua | San MartiñoA parroquia tudense de Caldelas celebra esta fin de semana a San Martiño cun amplo programa de actividades con citas gastronómicas, musicais e culturais. Do mesmo déronnos conta José Álvarez e Vicky Méndez da Asociación Cultural A Insua....more6minPlay
November 14, 2024Ent. Natalia Jorge Pereira, doutora en Historia Contemporánea | Tese doutoral sobre o contrabando na raiaNatalia Jorge Pereira é doutora en Historia Contemporánea e tomiñesa. Hoxe coñecemos máis polo miúdo a súa tese “Actitudes e comportamentos sociais nos concellos fronteirizos de Tomiño e Cerveira ante as ditaduras de Franco e Salazar na década de 1940 dende outubro de 2024"....more14minPlay
November 14, 2024Ent. Litus, cantante | Concerto en La Fábrica de Chocolate (Vigo)Litus conquistou o estudo da nosa radio coa súa guitarra e voz. Este músico saltou á fama tras formar parte da banda de Andreu Buenafuente no programa Late Motiv, e agora está presentando o seu último disco. Este sábado día 16 de novembro fará parada en Vigo, ás 22 h, en La Fábrica de Chocolate....more15minPlay
November 13, 2024Ent. Óscar Rovira e Ali Prieto, voluntarios de Protección Civil | Axuda en Alfafar (Valencia) tras a DINATres voluntarios de Protección Civil de Tui desprazáronse a pasada semana até Alfafar, unha das poboacións afectadas tras a DINA en Valencia, para axudar nas tarefas de baleirado de fango e desentullo. Foron Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi. Cos dous primeiros coñecemos máis sobre a súa experiencia no terreo....more12minPlay
November 13, 2024Ent. Marta Morais, farmacéutica tudense en Valencia | Situación tras a DINAA onda de solidariedade tras o paso da DINA en Valencia superou calquera previsión. Hoxe quixemos coñecer a situación que se está a vivir na comunidade valenciana dúas semanas despois, e facémolo cunha tudense que vive alí. Marta Morais é farmacéutica e é unha das miles de persoas voluntarias que se achegaron até a zona cero....more11minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.