Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,484 episodes available.
March 06, 2025Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Facendo o Indio""Facendo o Indio" é o espectáculo, para público familiar, que mañá venres, ás 19 h, presenta Galitoon no Teatro Municipal de Tui. A obra está dirixida por Chisco Casteleiro que forma parte do elenco xunto a Jona García. Ao longo de sesenta minutos prometen facer rir ao público, tal e coma explicaba o propio Chisco Casteleiro....more4minPlay
March 06, 2025Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Los Espigadores y la Espigadora""Los Espigadores y la Espigadora" de Agnes Varda é a película que proxectará mañá venres, 7 de marzo, ás 21 horas o Cineclub Tui, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con Noemí Guisande, do Cineclub repasamos os detalles desta cita que terá un pase único aos prezos de 2 euros para persoas socias e 4,5 para público xeral. Amais hoxe celebran unha asemblea de socios, ás 20.30 horas na Aula UNED....more4minPlay
March 05, 2025Ent, Luz Beloso, pintora e ilustradora | Especial 8M - Autora do cartel do 8M do Concello de Tui“Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!” é o lema que o Concello de Tui elixiu este ano para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. O cartel deste ano é obra da ilustradora Luz Beloso no que representa a varias xeracións de mulleres erguendo a voz para defender os seus dereitos. Hoxe falamos coa artista sobre esta creación e sobre a necesidade de seguir traballando por acadar unha sociedade máis igualitaria....more10minPlay
March 05, 2025Ent. Lucía Estévez, da Asociación Laxes de Paramos | Xornada pola IgualdadeA Asociación Laxes de Paramos súmase á conmemoración do 8M cunha “Xornada pola igualdade”. Será este domingo ás 17 h no Centro Cultural Laxes de Paramos coa charla-coloquio “Sementes de igualdade, primavera morada” a cargo de Priscila Retamozo, e ás 18 h, a compañía Espectacular representará o contacontos, para público familiar, “Os mundos de Elisa”. Lucía Estévez deu conta destas dúas actividades que terán entrada libre....more9minPlay
March 03, 2025Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artístico Ribex | Campión de Galicia co Grupo ShowO grupo show do Club de Patinaxe Artístico Ribex proclamouse onte Campión Galego. Con este primeiro posto logra a praza para o Campionato de España. O seu cuarteto foi terceiro. Hoxe valoramos con Carolina Figueroa, adestradora do club tudense, este novo éxito deportivo....more3minPlay
March 03, 2025Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Entroido 2025Máis de 1.200 persoas participarán mañá, ás 17.30 horas, no XXXVI Concurso Desfile de Entroido en Tui, no que haberá 15 comparsas chegadas de distintos puntos da provincia. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente daba conta desta programación e tamén do peche do Entroido en Tui, este domingo 9 co Enterro do Bacallau....more7minPlay
February 28, 2025Ent. Seminario Menor San Paio | Centros educativos de TuiContinuamos o noso percorrido para coñecer os detalles dos centros educativos de Tui co Seminario Menor San Paio, da man do seu rector, Antonio Menduiña, e dous alumnos....more9minPlay
February 28, 2025Ent. CEIP Guillarei | Centros educativos de TuiCon Paula Lima, directora do CEIP de Guillarei, coñecemos os detalles do proxecto educativo, pedagóxico e os servizos deste centro....more7minPlay
February 28, 2025Ent. Frans Banfield, músico | Jam Session en TuiMúsica en directo en Tui a partir das 21 h desta noite coa que promete ser a primeira Jam Session de moitas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O concerto de hoxe correrá a cargo de Phantom Club. Deunos todos os detalles o músico Frans Banfield....more9minPlay
February 28, 2025Ent. José Álvarez, da Asociación Sociocultural e Deportiva A Insua | Entroido Caldelas 2025A Asociación Sociocultural e Deportiva A Insua organiza mañá, sábado 1 de marzo, unha cea de Entroido con baile e concurso de disfraces, todo no local da Comunidade de Montes de Caldelas. Coñecemos os detalles con José Álvarez, da Insua....more3minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,484 episodes available.