Mañá especial a que vivimos hoxe coa final olímpica de remo de 2x coa participación de Rodrigo Conde do Remo do Miño e Aleix García. Nunha retransmisión especial contamos co remeiro Jesús González, e tamén nos acompañaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez.
Conde e García foron quinto nunha disputada regata na que sorprendeu a embarcación de Rumanía que se fixo co ouro.