Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.
October 22, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado | IV Feira da CabazaA cabaza xunto a outros produtos de outono serán os protagonistas da IV Feira da Cabaza que este sábado 26, domingo 27 e xoves 31 se vai celebrar no Mercado de San Antonio. Amais do mercado destes produtos haberá tamén un amplo programa de actividades coma showcooking, obradoiros, catas e espectáculos. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez....more17minPlay
October 21, 2024Programa Especial Día a Día con Jose FontAo do luns 21 de outubro foi un programa moi especial do Día a Día. Jose Font xubílase e a mañá estivo repleta de lembranzas, de voces que amosaron cariño, recoñecemento e agradecemento cara a persoa que leva tres décadas ao fronte deste programa e da Radio Municipal de Tui....more2h 27minPlay
October 18, 2024Ent. Xermán Cordero, Trans Miño LGTBIQ+ - Día Internacional das Probas Cribado do VIHO 20 de outubro conmemórase o Día Internacional das Probas Cribado do VIH. Dende Trans Miño LGTBIQ+ porán unha mesa informativa no Concello da Guarda o luns día 21 para potenciar que as persoas se fagan ditas probas e sexan conscientes do que é o VIH. Xermán Cordero deunos todos os detalles....more8minPlay
October 18, 2024Ent. Suso Vila, historiador - Roteiro histórico "O Tui das mulleres esquecidas"“O Tui das mulleres esquecidas” é o nome do roteiro histórico que mañá vai celebrarse en Tui. Partirá ás 18 h dende a praza da Inmaculada, e estará guiado polo historiador Suso Vila. El contounos hoxe a importancia de coñecer estas historias. A actividade está organizada pola Asociación de Mulleres Feministas Berra e é solidaria, cun custe de cinco euros....more10minPlay
October 18, 2024Ent. Yara Juncal, de Boombox Dance Studio - Exhibición danzas urbanas, Boas VibesMañá sábado comeza o programa Boas Vibes en Tui, con propostas de música, danza, poesía, cómic, skate e rolling. A primeira cita será cunha exhibición de danzas urbanas. Será ás 19 h de mañá 19 de outubro no exterior do Mercado de San Antonio. Yara Juncal, da escola Boombox Dance Studio explicou polo miúdo en que vai consistir....more6minPlay
October 18, 2024Ent. Óscar Fernández e María Benavides, presidente e secretaria da Comisión de Areas - Festas da Virxe do RosarioAreas celebra festas na honra á Virxe do Rosario a próxima fin de semana do 26 e 27 de outubro. Cunha comisión renovada e xove, Óscar Fernández, o seu presidente, e María Benavides, secretaria, presentáronnos o programa completo de festas....more7minPlay
October 17, 2024Ent. G Face, artista tomiñés - Lanzamento do seu novo sinxelo "Lo mismo"Hoxe na nosa sintonía estreamos o novo tema musical do artista tomiñés G Face, "Lo mismo". Falamos con el tamén sobre o documental que estivo gravando no seu municipio con temas en galego....more8minPlay
October 17, 2024Ent. Mónica García, integrante de Catro Cores - "A trompa non é só cousa de elefantes"Un espectáculo musical e teatral para público familiar é o que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de outono. Será “A trompa non é só cousa de elefantes” da man de Catro cores. Esta formación integrada por Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia. Mónica García deunos os detalles....more4minPlay
October 16, 2024Ent. Maite Isla de SOGAPS - Axuda campamentos de refuxiados saharauísSolidariedade Galega co pobo saharauí fai un chamamento solicitando apoio urxente ante a crise humanitaria que está a afectar aos campamentos de refuxiados saharauís ante as intensas choivas que sufriron. Dende SOGAPS van comprar material sanitario e o 24 deste mes viaxará aos Campamentos a Comisión Sanitaria de Galicia....more5minPlay
October 16, 2024Eloy Carrera e Manuel Madarnás - Inicio do curso na Escola da Banda de música Popular de TuiEste domingo ás 12 h na súa sede en Guillarei a Escola de Música da Banda de Música Popular de Tui realiza a inauguración do curso escolar 2024/25 cun concerto de Manuel Madarnás xunto a Sic Salem, guitarra, e Narrayan Corrios, saxofón e caixón. Deste evento falamos con Eloy Carrera, director da Banda de Música, e Manuel Madarnás....more5minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.