“Saúde e terra” é o título do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega polo Día de Rosalía, que se celebra mañá domingo día 23.
Marga do Val, escritora, crítica literaria e profesora, forma parte desta Asociación. Con ela puidemos coñecer por que é importante conmemorar a figura de Rosalía e por que neste manifesto aparecen asuntos como a sanidade, a educación, a protección ambiental ou a revitalización que precisa a lingua galega.