O próximo martes 22 de outubro terá lugar a primeira proxección do Cine Club Tui. A cita será na aula da UNED onde cada martes ás 18 h e ás 20.45 h habera unha película.
Os socios terán unha cuota anual de 50€ e por cada proxección deberán aboar 1,5€. Para os non socios a entrada será de 3,5€
Falamos da posta en marcha do Cine Club Tui con Javier Argüelles e Minerva Ojeda, coordinadora da Aula de Tui.