Carlos Pérez Antón, 'Carlos Fonterosa', recibirá hoxe xoves, 2 de xaneiro, ás 18 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui en recoñecemento a súa traxectoria, cunha dedicación profesional no ámbito comercial, e cunha dilatada participación na vida social da cidade, cun papel destacado no mundo da filatelia.
Carlos Fonterosa indicaba hoxe na nosa sintonía que está emocionado ante este recoñecemento que recibirá hoxe.