Hai sete anos que Marta Salgueiro se puxo ao fronte de La Bella Aurora. Un establecemento, situado na rúa Colón, dedicado a vestir a noivas, noivos, madriñas, padriños, comuñón, nenos de arras, e a todas as persoas para eventos destacados. Sinalaba que son tenda multimarca e destacaba que ofrecen unha atención totalmente personalizada e asesoramento para a vestimenta completa, contando amais co taller de costura no propio local.