Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,140 episodes available.
October 28, 2024Ent. Pedro Fernández, cursos de competencias dixitais básicas | Centro Sociocomunitario de TuiO Centro Sociocomunitario de Tui acollerá dous cursos de competencias dixitais básicas, impartidos por Pedro Fernández. Un será o próximo martes 5 de novembro, sobre o emprego do móbil, cun prezo de 10 euros; e o outro desenvolverase todos os mércores de novembro, sobre competencias dixitais, e cun prezo de 25 euros. É precisa inscrición previa no Centro Sociocomunitario....more7minPlay
October 25, 2024Ent. Iván Carral, presidente de ACITUI | Truco ou trato e Lotería de NadalHoxe estivo no programa Día a Día Iván Carral, presidente de ACITUI, con motivo do Truco ou Trato que polo Samaín haberá o próximo xoves 31 pola tarde no comercio local. Tamén falamou da Lotería de Nadal....more5minPlay
October 25, 2024Ent. Coral Martínez -Obradoiro de comic e manga no programa Boas VibesCoral Martínez impartirá mañá na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de manga dentro do programa Boas Vibes. Será eminentemente práctico e as persoas participante ao longo da mañá poderán crear unha personaxe e mesmo un comic como explicaba hoxe Coral Martínez. Alí contarán con todo o material. É preciso inscrición en [email protected]....more7minPlay
October 24, 2024Ent. Manuel Madarnás, músico, e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xira Mmarca OpusO músico Manuel Madarnás ofrecerá o primeiro concerto da súa xira Mmarca Opus este domingo en Melide, e fará parada o 17 de novembro no Rosal. Estará acompañado pola Banda de Música Popular de Tui e polos artistas Sic Salem, Jorge Pimentel, Juan Díaz e Iris Abril. Déronnos todos os detalles Manuel Madarnás e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui....more6minPlay
October 24, 2024Ent. Valentina González, empresa ValoraT | Actividades extraescolares no Liceo CasinoA empresa ValoraT céntrase en impartir diferentes actividades fóra do horario escolar (tanto para nenos e nenas como para adultos), enfocándose nos valores e na creatividade. Valentina González, unha das impulsoras desta iniciativa, contounos todos os detalles deste proxecto que se vai desenvolver nas instalacións do Liceo Casino de Tui....more10minPlay
October 23, 2024Ent. Rubén Cela, do proxecto Nós | Doazón de voz en TuiMañá xoves chega a Tui o proxecto Nós para recoller as voces da cidadanía, rexistrar as variedades fonéticas e dialectais de Tui para que a lingua galega estea tamén presente nas novas tecnoloxías. Por exemplo que podamos falar en galego con SIRI, Alexa ou o GPS. Así o explicou hoxe Rubén Cela, do proxecto Nós....more12minPlay
October 23, 2024Ent. Carlos Fer, artista e cineasta tudense | Participación no Certame internacional Intersección, na CoruñaCarlos Fer é artista, cineasta e tamén tudense. Esta semana está expoñendo a súa obra nun festival internacional, o Certame Intersección, na Coruña. Alí participa con dúas obras: "Pliegue tectónico II" e "Un cuadro con subtítulos". Falamos con el sobre este festival e sobre futuros proxectos....more6minPlay
October 23, 2024Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Curso de cogomelosO vindeiro sábado 2 de novembro celebrarán no Centro Cultural Seixos Albos de Areas un novo curso de cogomelos. A actividade comezará ás 9:30 e terá unha parte teórica e outra práctica, cunha saída ao monte. É preciso inscribirse previamente en [email protected] ou no 722 166 198. O prezo é de 10 euros, tendo desconto os comuneiros. Deu os detalles Lito Pereira, o presidente da Comunidade de Montes de Areas....more4minPlay
October 22, 2024Ent. Javier Alonso, director da Agrupación Musical do Rosal | Gañadora do Certame Galego de Bandas de MúsicaA Agrupación Musical do Rosal vén de acadoar a máxima puntuación no Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música e proclamouse gañador da sección primeira, cunha proposta musical moi arriscada e complexa. Falamos deste éxito co director da Agrupación, Javier Alonso....more7minPlay
October 22, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado | IV Feira da CabazaA cabaza xunto a outros produtos de outono serán os protagonistas da IV Feira da Cabaza que este sábado 26, domingo 27 e xoves 31 se vai celebrar no Mercado de San Antonio. Amais do mercado destes produtos haberá tamén un amplo programa de actividades coma showcooking, obradoiros, catas e espectáculos. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez....more17minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,140 episodes available.