A Mancomunidade do Baixo traballará de forma coordinada en canalizar a axuda ás persoas afectadas pola DINA (Depresión Illada en Niveis Altos). Nestes momentos as ONG's que traballan na zona aconsellan realizar doazóns económicas que se transforman en axuda inmediata nas necesidades reais que teñen en cada momento.
Na Radio Municipal de Tui abrimos un espazo para coñecer como podemos axudar.
Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, foi a primeira en estar neste espazo abordando precisamente a importancia desta axuda non só de forma inmediata senón no tempo, xa que os labores de recuperación das zona afectadas se prolongarán durante meses. Insistiu na realización de doazóns a través de canles oficias da ONG's.