Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,137 episodes available.
November 14, 2024Ent. Manuel Madarnás, música, e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xira Mmarca OpusManuel Madarnás ofrece un concerto dentro do seu proxecto Mmarca, Opus, no Rosal. Será este domingo 17 de novembro ás 19 h no Auditorio Municipal, con entrada libre e gratuíta. Estará acompañado pola Banda de Música Popular de Tui. Eloy Carrera, director da banda tudense, e Manuel Madarnás, déronnos os detalles....more5minPlay
November 14, 2024Ent. José Álvarez e Vicky Méndez da Asociación A Insua | San MartiñoA parroquia tudense de Caldelas celebra esta fin de semana a San Martiño cun amplo programa de actividades con citas gastronómicas, musicais e culturais. Do mesmo déronnos conta José Álvarez e Vicky Méndez da Asociación Cultural A Insua....more6minPlay
November 14, 2024Ent. Natalia Jorge Pereira, doutora en Historia Contemporánea | Tese doutoral sobre o contrabando na raiaNatalia Jorge Pereira é doutora en Historia Contemporánea e tomiñesa. Hoxe coñecemos máis polo miúdo a súa tese “Actitudes e comportamentos sociais nos concellos fronteirizos de Tomiño e Cerveira ante as ditaduras de Franco e Salazar na década de 1940 dende outubro de 2024"....more14minPlay
November 14, 2024Ent. Litus, cantante | Concerto en La Fábrica de Chocolate (Vigo)Litus conquistou o estudo da nosa radio coa súa guitarra e voz. Este músico saltou á fama tras formar parte da banda de Andreu Buenafuente no programa Late Motiv, e agora está presentando o seu último disco. Este sábado día 16 de novembro fará parada en Vigo, ás 22 h, en La Fábrica de Chocolate....more15minPlay
November 13, 2024Ent. Óscar Rovira e Ali Prieto, voluntarios de Protección Civil | Axuda en Alfafar (Valencia) tras a DINATres voluntarios de Protección Civil de Tui desprazáronse a pasada semana até Alfafar, unha das poboacións afectadas tras a DINA en Valencia, para axudar nas tarefas de baleirado de fango e desentullo. Foron Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi. Cos dous primeiros coñecemos máis sobre a súa experiencia no terreo....more12minPlay
November 13, 2024Ent. Marta Morais, farmacéutica tudense en Valencia | Situación tras a DINAA onda de solidariedade tras o paso da DINA en Valencia superou calquera previsión. Hoxe quixemos coñecer a situación que se está a vivir na comunidade valenciana dúas semanas despois, e facémolo cunha tudense que vive alí. Marta Morais é farmacéutica e é unha das miles de persoas voluntarias que se achegaron até a zona cero....more11minPlay
November 13, 2024Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | Balance novena edición Pinta Tui33 persoas participaron na novena edición de Pinta Tui o pasado domingo 10 de novembro. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos, fixo balance desta actividade e valoraba moi positivamente a calidade dos artistas participantes, o bo ambiente e o nivel....more5minPlay
November 13, 2024Ent. Laureano Alonso, tradutor da obra | Presentación da tradución de Carmen Cometa de Francisco SánchezMañá xoves ás 20 h presentarase na Sala Municipal de Exposicións a tradución ao galego de “Carmen do Cometa” de Francisco Sánchez. O profesor de latín e grego Laureano Alonso realizou a tradución deste poemario ao galego coma xa fixera tamén o ano pasado da principal obra filosófica de Sánchez. Mañá na presentación estará acompañado polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. O Concello de Tui organiza este acto coincidindo co 401 aniversario do falecemento o médico e filósofo tudense....more7minPlay
November 12, 2024Ent. Ana García, pedagoga | Obradoiro de Nadal no Centro Sociocomunitario de TuiOs próximos días 23, 26 e 27 de decembro o Centro Sociocomunitario de Tui acollerá un obradoiro de Nadal para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos. Ana García, pedagoga, é a encargada de impartir esta actividade, e explicou que é preciso reservar praza antes do 13 de decembro....more6minPlay
November 12, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno outubroHoxe completamos a rolda de conversas tras o pleno extraordinario de outubro coa conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more24minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,137 episodes available.