Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.
February 14, 2025Ent. G Face, cantante | "Maldito cupido""Maldito Cupido" é o novo sinxelo de G Face. Unha bachata que o artista tomiñés lanza coincidindo co Día dos Namorados. Novos éxitos na carreira musical de G Face, que hoxe venres compartirá escenario con Andy y Lucas no Auditorio Mar de Vigo. Coñecemos con el todas estas boas novas....more5minPlay
February 14, 2025Ent. Perfecto Ramos, escritor | Presentación de “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros”“Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros” é o libro que hoxe se vai presentar na Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio Francisco Sánchez, ás 19.30 h. Participará o seu autor, Perfecto Ramos, e conducirá o acto Helena Pousa. Coñecemos toda a historia desta obra da man do seu escritor....more7minPlay
February 13, 2025Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular | Concerto EurocidadeCun concerto celebrará a Eurocidade Tui-Valença o seu 13º aniversario. Será este sábado 15 de febreiro ás 21 h no Teatro Municipal de Tui, onde actuará un centenar de músicos da Associação Musical de São Pedro da Torre, Old Brigde Band, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Banda de Música Popular de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente; e o director da Banda de Música tudense, Eloy Carrera, deron máis detalles....more5minPlay
February 13, 2025Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; e Serafín Martínez, de Nokao | Trail Muíños do FolónMáis de 600 persoas van participar o vindeiro 23 de febreiro na oitava edición do Trail Muíños do Folón (para o que aínda hai prazas dispoñibles). Unha cita que conecta deporte, natureza e patrimonio. Hoxe coñecemos máis detalles con Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal, e Serafín Martínez, de Nokao....more14minPlay
February 12, 2025Ent. Jesús Velasco, Xampatito Pato | "Compaña"Xampatito Pato presenta este venres, 14 de febreiro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui "Compaña", un espectáculo para público familiar que fusiona o circo co mundo das marionetas, contando a historia do protagonista con moita maxia e surrealismo. Así nolo contaba o seu protagonista, Jesús Velasco...more6minPlay
February 12, 2025Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo | Tui, Meu AmorGastronomía, música e unha atmosfera máxica encherán esta fin de semana a praza da Inmaculada coa campaña “Tui, meu amor”, promovida polo Concello de Tui, que convida a celebrar o amor en todas as súas formas. Será este venres 14 de 17 h a 20 h; e o sábado de 12 h a 14 h e de 16 h a 20 h. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, deu todos os detalles....more11minPlay
February 12, 2025Ent. Javier Martínez, copiloto de ralliesJavier Martínez creceu entre coches. A súa afección polo automobilismo levouno a participar en rallies no 2016. Na actualidade, con máis de 150 carreiras desputadas, o copiloto ten no seu palmarés títulos como o campionato de Copa de España de Rallies. Con el repasamos os seus inicios e éxitos deportivos....more16minPlay
February 12, 2025Ent. Diana Jiménez, psicóloga | X Semana da Educación de Tomiño“Cando os tempos cambian, os pais e nais aprenden” é o relatorio que clausurará mañá no auditorio de Goián ás 19.00 horas, a X Semana da Educación de Tomiño. A charla estará impartida pola psicóloga Diana Jiménez, quen nos contou no programa Día a Día cales son os retos actuais da educación....more8minPlay
February 11, 2025Ent. Leticia Costas, divulgadora científica | Día Internacional da Nena e a Muller na CienciaHoxe é o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Un día que se conmemora dende o ano 2016 para visibilizar a gran fenda de xénero que existe neste campo, cunha falta moi acusada de participación de mulleres. Hoxe profundamos nesta realidade con Leticia Costas, divulgadora científica....more12minPlay
February 11, 2025Ent. Rafa Guerrero, psicólogo clínico | X Semana da Educación de TomiñoA terceira xornada da Semana da Educación de Tomiño terá como protagonista ao psicólogo clínico Rafa Guerrero que profundará na intelixencia emocional co seu relatorio “Como fomentar a intelixencia emocional na infancia e adolescencia”. Será ás 19.00 horas no Auditorio de Goián. O relator deu conta hoxe, na nosa sintonía, dos temas a abordar e da necesidade de ensinar aos nenos e nenas a xestionar as súas emocións....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,281 episodes available.