A Fundación Provincial Banco de Alimentos celebra o seu 30 aniversario cun concerto solidario, no Teatro Afundación de Vigo, protagonizado por David Rusell, este xoves día 22, ás 20.30 h.
Con José Ramón Santamaría, presidente do Banco de Alimentos, conversamos sobre o traballo e compromiso destes 30 anos e avanzamos a recollida que terá lugar no supermercado Gadis de Tui o 30 e 31 de maio.