O artista tomiñés Gabriel Fandiño, G Face, pre-estrea mañá o seu documusical "G Face na casa", que se lanzará oficialmente este domingo ás 19 h.
Mañá, a partir das 19.30 h, no Pazo do Mosteiro de Lira, en Tomiño, onde gravou o documental, poderemos coñecer xa este novo traballo de GFace. Hoxe fixo un avance do mesmo na RMT, convidando a asistir ao evento de mañá sábado.