Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,137 episodes available.
December 04, 2024Ent. Fernando Álvarez, escritor | Presentación do seu cuarto libro "Astilla de la misma madera"A sala Félix Rodríguez acolle este venres a presentación do cuarto libro do escritor tudense Fernando Álvarez, "Astillas de la misma madera", ás 18 h. Presentará a obra Rosendo Bugarín e participará tamén o editor, Agustín Alfaya. Fernando Álvarez descubriunos a súa novela no programa Día a Día....more10minPlay
December 04, 2024Ent. Jorge Pazo e David Van Bylen | Remixers por ValenciaO tudense Jorge Pazo, Divergente Dj, é un dos 37 dj’s que participan en Remixers por Valencia, unha iniciativa que a través da música busca recadar fondos para as persoas afectadas pola DINA. Foi David Van Bylen quen nas súas redes sociais lanzou a iniciativa, a que dende o primeiro momento se sumaron moitos dj de distintos puntos de España, entre eles Divergente Dj, para axudar dunha forma solidaria e visiibilizar o talento musical de Valencia. Isto é así porque no disco que veñen de editar o que presentan con 48 remesturas de grupos valencianos....more9minPlay
December 04, 2024Ent. Marisol Valdés, viúva de Mingos Méndez | Belén de MingosUn ano máis os veciños e veciñas de Tui poderán desfrutar do tradicional Belén de Mingos. Este ano o emplazamento non é o baixo da súa casa, senón que se atopa na oficina municipal de turismo, e pódese visitar de martes a domingo en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. Hoxe falamos con Marisol Méndez, viúva de Mingos, que nos contou varias curiosidades deste impresionante belén....more10minPlay
December 03, 2024Ent. Valentín Carrera, director de “Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia” | EstreoMañá ás 18.30 h estréanse no Teatro Municipal de Tui tres dos catro capítulos da serie documental "Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia", que transita pola vida do tudende dende unha visión actual e cercana. Deunos os detalles o seu director, Valentín Carrera....more10minPlay
December 03, 2024Ent. César Pérez Ares, xefe territorial de Educación | Deficiencias denunciadas polo IES San PaioO IES San Paio de Tui denunciou unha serie de graves deficiencias estructurais e de mobilidade que afectan ao funcionamento normal do centro. A comunidade educativa reclamaba unha actuación urxente e integral. César Pérez Ares, xefe territorial de Educación, contestou na nosa sintonía a estas reclamacións....more7minPlay
December 03, 2024Ent. Miguel Pazo, presidente da asociación Vontade | Día Internacional de Persoas con DiscapacidadeHoxe, coincindido co Día das Persoas con Discapacidade, Vontade, a Asociación de Persoas con Discapacidade do Baixo Miño, inaugurou no Mercado de Tomiño unha exposición fotográfica na que recolle o traballo desenvolvido dende a súa creación hai 20 anos. Así nolo contou o seu presidente, Miguel Pazo....more6minPlay
December 03, 2024Espazo Comercio | Costuras TuiHai pouco máis dun ano Érika Blandón e Ariel Sapienza decidiron emprender e abrir Costuras Tui. Un comercio que tivo unha gran acollida dende o primeiro momento, algo polo que ambos están moi agradecidos. Hoxe protagonizaron o Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, dando conta dos servizos que lles diferenzan....more6minPlay
December 02, 2024Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | "Unha pastelaría en Tokio"Mañá temos nova cita do Cineclub Tui coa proxección da película "Unha pastelaría en Tokio", de Naomi Kawase. Haberá dúas proxeccións, a primeira ás 18.30 h e a segunda ás 20.45 h na aula da UNED. Noemí Guisande, do Cineclub, deunos hoxe os detalles desta película. A entrada custará 2 euros para os socios e 4,50 euros para o público xeral....more3minPlay
December 02, 2024Ent. Blanca Puente, directora do IES San Paio de Tui | Deficiencias no centro educativoO IES San Paio de Tui reclama unha actuación urxente e integral no centro que solucione as graves deficiencias estructurais e de mobilidade, que afectan ao funcionamento normal do centro. A directora do IES San Paio, Blanca Puente, explicou na nosa sintonía os problemas que arestora teñen no centro....more7minPlay
December 02, 2024Ent. Monseñor Antonio José Valín Valdés, bispo de Tui-Vigo | 799 aniversario da catedral de Santa María de TuiOnte cumpríronse 799 anos dende a consagración da catedral de Santa María de Tui. Coincidindo con esta data hoxe entrevistamos ao bispo de Vigo-Tui, monseñor Antonio Valín Valdés. Con el abordamos os preparativos do 800 aniversario da Catedral, as obras que se están a realizar no templo, e o proceso para a canonización de Pedro González Telmo, entre outros asuntos....more13minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,137 episodes available.