Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,137 episodes available.
December 19, 2024Ent. Pepe Casanova e José Manuel Solleiro, Rondalla O Mosteiro de PexegueiroCen rondalleiros de entre 5 e 85 anos e seis abanderados conforman a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro. Persoas con e sen formación musical que están unidas por un sentimento: a paixón pola música e pola tradición. Hoxe mantivemos unha conversa con Pepe Casanova e José Manuel Solleiro sobre o que hai detrás dunha rondalla....more12minPlay
December 19, 2024Ent. Diego Grande, cantante e guitarrista de Claxxon | Concerto de NadalO grupo Claxxon volve a Tui este domingo. Ofrecerá un concerto no paseo da Corredoira, ás 18.30 horas, no que interpretará temas de Nadal e adaptacións dos seus temas á acústico, sempre co seu marcado estilo de pop e rock. Deunos os detalles o cantante e guitarrista do grupo, Diego Grande....more5minPlay
December 18, 2024Ent. Óscar Romero, do Taller de Dulces Óscar Romero | Receitas doces de NadalDe seguro que hai algunha persoa que aínda non sabe como poñer a guinda doce aos seus menús para este Nadal. Hoxe visitounos Óscar Romero, do Taller de Dulces Óscar Romero, para darnos algunhas receitas de sobremesas que podemos preparar para sorprender aos nosos convidados ou anfitrións....more7minPlay
December 18, 2024Ent. Santiago González, presidente da Federación Red Acoge, Asociación Diversidades Acolle|Día Internacional do MigranteDende hai uns anos en Tui contamos con varios centros de acollida de refuxiados que xestiona a Asociación Diversidades Acolle. Hoxe, 18 de decembro, é o Día Internacional do Migrante, e parámonos precisamente a coñecer ese importante labor que levan a cabo, de acompañamento ás persoas migrantes e refuxiadas. Santiago González Avión é o presidente da Red Acoge....more11minPlay
December 17, 2024Ent. Ricardo Canosa, escritor |Presentación "Los límites del crecimiento económico y la crisis de ideas de la izquierda"Mañá, mércores, ás 19.30 horas, a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación do libro de Ricardo Canosa, "Los límites del crecimiento económico y la crisis de ideas de la izquierda". Hoxe o escritor e economista visitou o programa Día a Día para falarnos da súa última obra....more5minPlay
December 17, 2024Ent. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex | Exhibición de NadalO CPA Ribex realizará este domingo, ás 17 h, unha exhibición de patinaxe artístico no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. O club pecha con esta actuación un gran ano despois de recibir o premio á entidade deportiva na Gala do Deporte de Tui, pola seu histórico sexto posto no Campionato do Mundo de Patinaxe en grupo Show Grandes e polo bronce conseguido no Campionato de España. Falamos coa súa adestradora, Carolina Figueroa....more3minPlay
December 16, 2024Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | Proxección de Aurora, Aurelia e Sábados de NadalO Cineclub Tui proxectará mañá martes a película documental "Aurora", de Area Erina, e a curtametraxe "Aurelia" de Milena Martínez. Haberá dúas sesións ás 18.30 h e ás 20.45 h na aula da UNED. O prezo é de 4,5€ para público xeral é 2€ para persoas social. Amais este sábado inician os "sábados de Nadal". Este sábado 21 proxectarán "Menudos héroes" e o sábado 28 "Operación Papá Noel". As dúas sesións serán 18.30 h tal e coma explicou Noemí Guisande do Cineclub Tui....more7minPlay
December 13, 2024Ent. Rosendo González, do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro | Festival de Música de NadalO Centro Cultural O Mosteiro acolle este domingo, ás 17 h, un festival musical. Actuarán a Rondalla de Pexegueiro, o Grupo de Acordeóns Helios de Bembrive e o Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro. Rosendo González, do Centro Cultural O Mosteiro, convidou á veciñanza a acudir a este acto....more3minPlay
December 13, 2024Ent. Pepín Solleiro, tesoureiro de Aloia Protectora de Animais | Calendario Solidario 2025A Protectora de Animais Aloia, de Tui, editou un ano máis o seu calendario solidario. Pódese adquirir xa, ao prezo de 5€, no posto que a protectora ten no Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira e noutros establecementos tudenses. Os fondos que recaden serán destinados a facer fronte aos gastos da entidade. Este ano dende a Protectora de Animais Aloia recolleron máis de 120 cans e atenderon máis dun centenar coma hoxe explicou na RMT Pepín Solleiro, tesoureiro desta asociación....more11minPlay
December 13, 2024Ent. Judicael Romero, cociñeiro | Taller de cociña "Sabor a Nadal"Achégase o Nadal e con el os menús para festexar estas datas. O cociñeiro Judicael Romero impartirá mañá sábado día 14, a partir das 10.30 h no Liceo Casino de Tui o taller de cociña "Sabor a Nadal". Tal e coma nos explicou, as persoas que participen nesta actividade aprenderán non só a fusionar sabores senón tamén culturas e emocións....more11minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,137 episodes available.