Buguina Turismo comezou hoxe a primeira das visitas guiadas á Catedral que organiza con motivo do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio tudense. Deste xeito Bugina Turismo súmanse a este evento destacado ofrecendo este ano e o próximo preto de 50 visitas.
Así nolo contou hoxe Hugo Lage, responsable de Buguina Turismo.
A ruta conta cun prezo de reducido a 5€ persoa, ao que hai que engadir o prezo de acceso á catedral, 5€, para aquelas persoas que non sexan da diocese de Tui-Vigo.
A próxima visita será o 23 de xuño. O calendario completo pode consultarse en www.buguinaturismo.com, onde tamén se pode facer a reserva de praza.